domingo, 4 de octubre de 2026

DÍA DOS ANIMAIS

Hoxe, 4 de outubro, é o día dos animais.

Con esta conmemoración o que queren é facer fincapé sobre a importancia de protexer a todas as especies e promover o seu benestar.

Na aula de natureza estivemos lendo un conto titulado “Pepín el vencejo” de Proyecto vencejos” que xurdiu no ano 2021 debido á multitude de cirrios que chegaban ao ZooBotánico Jerez e ao CREA (Centro de Recuperación de Especies Ameazadas) dunas de San Antón. Como consecuencia de multiples causas como accidentes, golpes de calor ou voos prematuros…, os pitos de cirrio saen do niño prematuramente caendo ao chan sen poder volver a despegar. Estos son recollidos e levados ao ZooBotánico e ao CREA Dunas de San Antón. Pero, nestes centros non poden ser atendidos correctamente debido aos coidados intensivos que precisan, e á cantidade que chegan. Por iso, Proyecto vencejo creou unha rede de persoas voluntarias para atendelos no seu período de crecemento.

Despois tamén estivemos mirando na páxina de internet SEO Birdlife (organización no gobernamental que ten como obxectivo a conservación e o estudo das aves e os seus habitats ) fotos de como son e cal é o seu canto.




miércoles, 30 de septiembre de 2026

AXUDANDO Á AVOA

A mamá de Rodrigo enviounos ao correo unhas fotos del e o seu irmá axudándolle á avoa a traspasar as galiñas, que naceron e foron criadas na incubadora, ao galiñeiro de adultos.

A través das fotos, Rodrigo explicoulle aos seus compañeiros todo o que fixeron.



lunes, 28 de septiembre de 2026

COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DA AULA DE NATUREZA DO CURSO 2026-27

O CRA de Ribadumia segue formando parte do Programa Medioambiental Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Neste curso cumpren 30 anos protexendo o noso medio ambiente e nós, a través do noso Proxecto “Pequenas mans, grandes cambios”, queremos que @s nos@s alumn@s aprendan a racionalizar os recursos e a aportar o seu gran de area na loita contra o cambio climático, xa que o destino do noso Planeta está nas súas mans.

Queremos tratar de evitar que esta xeración cometa os mesmos erros que nós, é educala para construír un mundo mellor e máis sostible. Por iso, teñen que aprender a recoñecer condutas correctas, e desenvolver valores que demostren unha forma diferente de ver a natureza.

Todas as actividades que imos realizar durante este curso irán encamiñadas a:

- Fomentar o se interese polo coidado e mellora do entorno.

- Conseguir que comecen a aprender cousas acerca do medio que lles rodea.

- Que empecen a diferenciar cales son as accións negativas e positivas que se realizan en canto ao coidado do medio ambiente. E ir adoptando hábitos que poidan minimizar as negativas.

- Ampliar os seus coñecementos ecolóxicos en temas como a enerxía, o cultivo das plantas, a auga, as árbores, a alimentación etc…

A educación ambiental para nen@s é un aprendizaxe transversal que supón a ensinanza de valores, conceptos e habilidades para que exista unha convivencia pacífica entre as persoas e o entorno natural. Por isto, entre as nosas metas tamén está:

- Informarlles de cales son os problemas concretos que sufre o medio ambiente: quentamento global, contaminación do aire, da terra e da auga, perdida da biodiversidade, xeración de residuos, deforestación, cambio climático…

- Ensinarlles hábitos que contribúan a resolver ou mitigar os problemas medioambientales: reciclar, reducir o consumo de enerxía, non malgastar a auga, elaborar abonos naturais (compost) para evitar a acumulación dos residuos orgánicos en vertedoiros e reducindo a emisión de gases como o metano e o dióxido de carbono que son os responsables do cambio climático…

- Conciencialos sobre a necesidade de coidar  o entorno natural que temos ao noso redor de forma activa: limpar o xardín, plantar flores e árbores…

 

 

  


lunes, 29 de junio de 2026

BO VERÁN

Dende a aula de natureza do CRA de Ribadumia, queremos desexar a toda a nosa comunidade educativa unhas boas vacacións de verán.

A Antón, Yaiza, Xabier, Brais, Xurxo, Lara Chaves, Valentina, Gael, Julia, Lara Fontán, Elia e Alexia, que rematan a educación infantil no CRA de Ribadumia, mandarlles moitos bicos e dicirlles que estamos segurísimos de que lles vai ir moi ben nesta nova etapa que comezan na Educación Primaria.

A Kelyan, Matteo e Chloe, que van facer 6º de educación infantil noutro colexio, tamén desexarlles que o pasen moi ben no seu novo centro e fagan moitos amigos. 



jueves, 11 de junio de 2026

LIMPANDO E PLANTANDO!!

Como temos bo tempo, seguimos quitando as malas herbas e plantando no noso xardín.

RIBADUMIA A

RIBADUMIA B – SALVIA VERMELLA


LOIS – ALEGRÍAS


viernes, 5 de junio de 2026

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe, 5 de xuño, é o día do Medio Ambiente.

Na aula de natureza, para celebrar esta data, estivemos realizando as seguintes actividades:

-Miramos o vídeo de Happy Learning “La deforestación: maneras de cuidar del Medio Ambiente”. 

A través del descubrirán que é a deforestación, aprenderán o importante que é protexer os nosos bosques…E tamén, que podemos facer para axudar.

-Limos o conto “Que teñen que ver as vacas co cambio climático?” de Marián Martínez Izquierdo e Luisa Martínez Lorenzo (Hércules de ediciones). Nel, as autoras explícannos como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático. Pero ademais de falarnos das consecuencias do fenómeno, tamén dannos instrucións sobre como activar o Superpoder (que temos todas as persoas que consumimos) para frear o cambio climático. 

-Limpamos o noso xardín e despois plantamos flores. Estas son unhas actividades que non só melloran o entorno inmediato, senón que ademais transforman  a mentalidade do noso alumnado a longo prazo.

Os beneficios ambientais de estas dúas actividades son:

Reducir a contaminación. Xa que retirar lixo, evita que algúns desfeitos danen o chan.

Purificar o aire. As novas plantas absorben dióxido de carbono e liberan osíxeno.

Protexer o chan. As raíces das plantas suxeitan a terra e evitan erosións provocadas pola choiva.

Fomentar a biodiversidade. As flores atraen a insectos que polinizan como as abellas e bolboretas.