Hoxe,
tivemos a excursión de fin de curso ao camping Fieitás (O Grove).
Como
pasamos todo o día, @s nen@s realizaron moitas actividades.
Ao
chegar ás instalacións os monitores explicaron as normas e fixeron xogos de
presentación.
A continuación subiron ao monte e estiveron recollendo paus, piñas, follas…, para crear entre todos construcións. Tamén realizaron xogos e tomaron a merenda de media mañá.
Despois de comer e descansar, baixaron á praia e bañáronse, xogaron coa area e subiron nunha táboa de paddle surf moi grande.
Para rematar a xornada, e repoñer forzar, tomaron un bocadillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario