jueves, 5 de junio de 2025

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o Día do Medio ambiente. Este ano 2025 o tema é “Combater a contaminación por plásticos”. Cando non os reciclamos o os tiramos a auga ou na calle, convértense en lixo e contaminan o aire, a auga e o chan. Ademais tamén poden facer moito dano aos animais.

Na aula de natureza estivemos explicando aos/as nen@s que o medio ambiente é como a casa de todos os seres vivos. Incluímos o aire que respiramos, a auga que bebemos, as árbores, os animais, o chan e todo o que nos rodea. É o noso fogar e por iso debemos coidalo para que todos poidamos vivir ben e o noso Planeta este sa.

Como podemos axudar?

Reciclando: poñendo cada lixo no seu contedor lopara que os do plástico, papel/cartón e vidro poidan volver a ser usados. Tamén facendo compost cos algúns residuos orgánicos.

Reducindo: utilizando menos plásticos e buscando outras alternativas (bolsas de tela para a compra, envases reutilizables…).

Reutilizar: darlle outra vida aos plásticos en vez de tiralos.

Limpar: se vemos plásticos tirados na praia, no bosque ou na rúa, podemos recollelos e metelos no contedor. Nós temos que facer isto moitas veces, xa que hai xente que ven o fin de semana ao noso xardín e deixa o lixo pola herba.

Para conmemorar esta data, tamén estivemos lendo o conto “Mucki y el príncipe Pío”
Narra como Mucky, un can que ten moitas aventuras, ve dende o parque dunha cidade como unha bandada de paxaros aproxímase a unha nube de fume negra que sae da cheminea dunha fabrica. De repente, un deles cae ao chan e el correrá para tratar de axudalo e tamén loitará para poñer remedio a isto que está acontecendo, e lograr que non lle pase aos demais.


Para rematar, dunha serie de imaxes, estiveron tachando as que mostraban cousas mal feitas que atentan contra o medio ambiente, e rodeando as que axudan a protexelo e coidalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario