Abelás,
castañas, figos, mazás…, estes días estivemos recollendo a colleita das nosas
árbores froiteiras para que os nosos alumnos puideran degustar estas froitas
nas súas casas.
LEIRO (FIGOS E MAZÁS)
Como
as follas da figueira poden dar alerxia e hai moitas abellas coméndoas,
colleunos a mestra con luvas. Despois repartímolos entre os alumnos.
Os
nenos de Leiro tamén estiveron recollendo as mazás que había polo chan. As que
estaban boas puxémolas nunha cunca para comer nas aulas e as que estaban malas
metémolas na composteira para facer compost.
RIBADUMIA B (CASTAÑAS)
Como
ourizos pinchan, foi a mestra a encargada de abrilos para que os alumnos
puideran coller as castañas que había dentro.
LOIS (ABELÁS)
Tivemos
que buscar moito para atopar as abelás, xa que estaban agochadas polo chan debaixo
das follas.

RIBADUMIA A (MAZÁS)
SISÁN (CASTAÑAS)