domingo, 25 de septiembre de 2022

COLLEITA DAS NOSAS ÁRBORES FROITEIRAS

Abelás, castañas, figos, mazás…, estes días estivemos recollendo a colleita das nosas árbores froiteiras para que os nosos alumnos puideran degustar estas froitas nas súas casas.

LEIRO (FIGOS E MAZÁS)

Como as follas da figueira poden dar alerxia e hai moitas abellas coméndoas, colleunos a mestra con luvas. Despois repartímolos entre os alumnos.

Os nenos de Leiro tamén estiveron recollendo as mazás que había polo chan. As que estaban boas puxémolas nunha cunca para comer nas aulas e as que estaban malas metémolas na composteira para facer compost.

RIBADUMIA B (CASTAÑAS)

Como ourizos pinchan, foi a mestra a encargada de abrilos para que os alumnos puideran coller as castañas que había dentro.

LOIS (ABELÁS)

Tivemos que buscar moito para atopar as abelás, xa que estaban agochadas polo chan debaixo das follas.

RIBADUMIA A (MAZÁS)

SISÁN (CASTAÑAS)

No hay comentarios:

Publicar un comentario