Os nenos de Ribadumia A estiveron plantando violas nunha das rodas recicladas que temos no xardín.
Podedes
ver AQUÍ máis fotos.
Os nenos de Ribadumia A estiveron plantando violas nunha das rodas recicladas que temos no xardín.
Podedes
ver AQUÍ máis fotos.
Como
estivemos collendo moito compost do noso composteiro para abonar a terra do
invernadoiro, estamos metendo residuos para elaborar máis.
LEIRO
LOIS
RIBADUMIA A
SISÁN
Esta
semana estivemos enchendo o invernadoiro de verduras.
LEIRO PUXO REPOLOS
Máis
fotos neste ENLACE.
RIBADUMIA B PLANTOU ASA DE CÁNTARO
Tedes
máis fotos AQUÍ.
LOIS SEMENTOU PORROS
E SISÁN COLIFLOR
Pinchando neste ENLACE hai máis fotos.
Os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando no invernadoiro brócoli.
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.
Despois de máis de un mes chovendo, sen poder saír ao invernadoiro, tivemos que volver a limpalo para poder plantar nel. Os encargados de realizar esta tarefa foron os nenos de Lois.
Tamén estiveron collendo compost do noso composteiro, para enriquecer a terra de forma natural.
Na aula de natureza, estivemos lendo un conto moi bonito e gracioso que leva por título “Oso quiere ser apicultor” (de Alex G. Griffiths e a editorial Jaguar). A través del, puidemos coñecer un pouco máis ás abellas e tamén que hai que facer para ser un bo apicultor, que son as persoas que cría e coidan a estos insectos para obter de eles beneficios como o mel, a cera….
Tamén estivemos mirando algúns vídeos para investigar sobre: quen vive na colmea e como son (raíña, abellón, obreira…), que fan estes animaliños para fabricar o mel, quen coida ás abellas e realiza a colleita, que traxe hai que poñer para que non piquen, como se extrae este alimento…
Tratando
de aprender cousiñas sobre as abellas tamén descubrimos que a muller ten un
papel moi importante na apicultura, xa que:
Nas
pinturas rupestres que apareceron nalgunhas covas, queda demostrado que eran
elas as que collían os panais de mel. A razón era, que nesta época os homes dedicábanse a cacería de grandes animais e as mulleres e nenos ían con cestas para
facer recolección de froitos, sementes…, pero mentras realizaban esta tarefa tamén abordaban as colmeas e
utilizaban fogo e fume para afastar as abellas e roubarlles o mel.
Tamén
houbo unha muller inglesa chamada Eva Crane, que cambiou a súa vida grazas a un regalo
de vodas. Xa que un dos agasallos foi unha colmea,
e a razón de darllo foi que nesa época en Inglaterra (onde vivía) había unha
guerra e o prezo dos alimentos, especialmente o azucre, era moi caro. Por iso,
aos invitados pareceulle boa idea, xa que o mel podía substituílo.
Ela, empezou a interesarse polas abellas e estudou para aprender moitas cousas sobre elas, ata o punto que acabou converténdose nunha experta, escribiu libros e viaxou por moitos países para explicarlles a apicultores e granxeiros todo o que sabía. Tamén foi coñecida como “a raíña das abellas”.