En
Leiro, onde temos a aula de natureza, fixemos contedores para reciclar utilizando caixas de
cartón forradas con plásticos de cores (verde, amarelo e azul).
Os
nenos tamén escribiron e colorearon os nomes de cada un deles para poder
poñelos: plástico, papel, vidro e orgánico.
E, para
non esquecernos, tamén puxemos enriba de cada un cales son as cousas que
podemos meter neles.
Seguindo
co noso proxecto “Coidamos o
Medio Ambiente”, estivemos traballando que é un composteiro, para que o utilizamos e que cousas podemos botar nel para facer abonos naturais para as
nosas plantas.
Xa
medraron os repolos que plantamos no invernadoiro e, están listos para que os
nenos os poidan levar ás casas para facer riquísimas receitas con eles.
Como
coas outras verduras, fixemos o sorteo entre os alumnos das distintas aulas e
estes foron os gañadores…