Durante
o outono e inverno, non soemos plantar hortalizas no xardín xa que a xeada, o
vento, os bichos… acaban con elas…
Pero
este curso imos ser “ positivos “ e facelo, esperando obter colleita de todo o
que sementemos.
Iniciaron
esta tarefa os nenos da aula de Ribadumia B, plantando brócoli.
Na aula de natureza, realizamos unha ficha a través da que
traballamos o nome desta hortaliza e o lugar onde a plantamos.