miércoles, 21 de marzo de 2012

PLANTAMOS…

 Os nenos, da aula de Ribadumia de 4-5 anos, estiveron plantando no xardín margaridas e semprevivas





























  
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ

E os de Sisán, leitugas no xardín e no invernadoiro.

   

Podedes ver máis fotos AQUÍ
.


DÍA DA ÁRBORE


Hoxe, 21 de marzo, é o día da árbore. Na escola, estivemos vendo a súa importancia e a cantidade de servizos que prestan á vida e ás persoas: purifican o aire, contribúen a  regular as choivas, protexen o chan…

A vindeira semana cada aula vai plantar unha árbore no noso xardín de Leiro e, na aula de natureza, imos a inventar lemas para lembrar a necesidade de coidalos e protexelos. Despois, os mestres elixiremos un dos lemas e imprimirémolo en pegatina  para que o poidan levar todos os nenos as súas casas.
Unha vez que realicemos todas estas actividades, iremos mostrándoas no blog.

lunes, 19 de marzo de 2012

DÍA DA AUGA

O próximo xoves, 22 de marzo, celébrase o Día Mundial da Auga.
Este ano o lema é: “Auga e seguridade alimenticia”.




A auga é vital para acadar unha seguridade alimentaria mínima, sobre todo nas poboacións que dependen do sector agrícola.
Segundo a ONU: existe seguridade alimentaria cando calquera persoa pode satisfacer as súas necesidades dietéticas para poder ter unha vida activa e sa; e a auga é un dos factores fundamentais para a produción de alimentos
Actualmente o noso Planeta ten unha poboación de 7.000 millóns de persoas, tendo en conta os actuais problemas relacionados coa auga temos que concienciarnos todos e tomar as medidas necesarias para que este recurso, indispensable para a vida, poida estar ao alcance de todo o mundo
Na aula de natureza, estamos confeccionando un libriño sobre a auga e as cousas que podemos facer para non malgastala. Cando este elaborado, publicarémolo no blog.

jueves, 15 de marzo de 2012

ASA DE CÁNTARO


Xa empezamos a facer o sorteo, entre os nenos das distintas aulas, das berzas “asa de cántaro”.



           



  
Trátase dunha verdura moi semellante ao repolo pero que se diferenza deste en que as súas follas están máis abertas.
 
Un dos alimentos cos que se cociña moito é con bacallau. Se pinchades AQUÍ, podedes ver unha receita para preparar con ela.
¡QUE APROVEITE!

miércoles, 14 de marzo de 2012

AS NOSAS XARDINEIRAS RECICLADAS

Como xa vos informamos, fixemos xardineiras utilizando botellas de plástico coa finalidade de adornar todo o peche do noso patio.
Xa comezamos a plantar nelas semprevivas e surfinias, e queremos amosarvos como vai quedando…

 
 














Na GALERIA DE FOTOS imos ir poñendo as fotos dos nenos, das distintas aulas, a medida que vaian plantando
Estamos desexando que medren pronto para poder ter…
¡UN XARDÍN CON MOITAS FLORES DE CORES!
Dende a escola, queremos animarvos a facelo nas vosas casas.
 


martes, 13 de marzo de 2012

O NOSO LIMOEIRO XA DEU FROITOS


O noso limoeiro xa ten algúns limóns listos para a colleita, polo que decidimos sortealos entre os nenos das distintas aulas





¡XA TEMOS 10 LIMÓNS PARA SORTEAR ENTRE OS NENOS!










Aproveitando este acontecemento, comezamos un libriño ao que puxemos por título “AS NOTICIAS DO NOSO XARDÍN” e no que pretendemos ir recollendo todas aquelas novas que van acontecendo en torno ao noso xardín e invernadoiro 








A NOSA COLLEITA

Algunhas das verduras que plantamos no noso invernadoiro xa están medrando...


ASA DE CÁNTARO


REPOLOS

 Cando xa poidamos levar a cabo á súa colleita, como non hai para todos os alumnos, faremos sorteos entre os nenos de cada unha das aulas como xa fixemos coas leitugas de folla de carballo.


lunes, 12 de marzo de 2012

ÁRBORES MÁXICAS


Na aula de natureza tamén fixemos a nosa contribución ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que, como xa sabedes, este ano ten como tema ás supersticións. Baixo o título “ÁRBORES MÁXICAS” traballamos as que, segundo as crenzas populares, tiñan poderes máxicos.
 
Estas son algunhas delas…






 AMENEIRO.
Nel gardábanse  os tesouros....






 CARBALLO.
 Curaba e daba fortaleza, aos que se sentaban baixo as súas pólas...




 
NOGUEIRA.
Durmir ou estar baixo a súa sombra daba mala sorte...





  
 
 OLIVEIRA.
Protexía contra os
malos espíritus...

                                                             





jueves, 8 de marzo de 2012

AS ÁRBORES AUTÓCTONAS

Na escola estamos inmersos nun proxecto sobre as árbores autóctonas que podemos atopar nos nosos bosques. A través del, estamos aprendendo:
                                                                                     O SEU NOME

                                                             SE SON DE FOLLA CADUCA OU PERENNE

                                                                                 TIPO DE FOLLA

                                                                             O NOME DO SEU FROITO

                                                                               O NOME DA SÚA FLOR

 e algunhas das súas utilidades, como no caso
 da sobreira da que se extrae do seu tronco a
 cortiza para facer tapóns, taboleiros…

Ata agora, xa traballamos o carballo, o castiñeiro e a sobreira