Hoxe, 21 de marzo, é o día da árbore. Na
escola, estivemos vendo a súa importancia e a cantidade de servizos que prestan
á vida e ás persoas: purifican o aire, contribúen a regular as choivas, protexen o chan…
A vindeira semana cada aula vai plantar unha
árbore no noso xardín de Leiro e, na aula de natureza, imos a inventar lemas para lembrar a necesidade de
coidalos e protexelos. Despois, os mestres elixiremos un dos lemas e
imprimirémolo en pegatina para que o
poidan levar todos os nenos as súas casas.
Unha vez que realicemos todas estas
actividades, iremos mostrándoas no blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario