Na aula de natureza tamén fixemos a nosa contribución ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que, como xa sabedes, este ano ten como tema ás supersticións. Baixo o título “ÁRBORES MÁXICAS” traballamos as que, segundo as crenzas populares, tiñan poderes máxicos.

Estas
son algunhas delas…
AMENEIRO.
Nel gardábanse os tesouros....
CARBALLO.
Curaba e daba fortaleza, aos que se sentaban baixo as súas pólas...
NOGUEIRA.
Durmir ou estar baixo a súa sombra daba mala sorte...
OLIVEIRA.
Protexía contra os
malos espíritus...
No hay comentarios:
Publicar un comentario