Os alumnos de Sisán estiveron plantando dragonarias no xardín. Ademais deste nome ten outros como: antirrino, boca de dragón, boca de león, tarasca e xardín, gallitos…
viernes, 25 de octubre de 2019
miércoles, 23 de octubre de 2019
CRISANTEMOS
Os
nenos de Lois plantaron crisantemos no xardín.
Máis
fotos neste ENLACE.
Pouco
a pouco imos enchendo o xardín de plantas, para poñelo máis bonito.
martes, 22 de octubre de 2019
lunes, 21 de octubre de 2019
PLANTAMOS VIOLAS
Despois
de quitar as malas herbas do noso xardín, comezamos a plantar para poñelo bonito.
Os
primeiros en facelo foron os nenos de Leiro, plantando violas.
Máis
fotos neste ENLACE.
viernes, 18 de octubre de 2019
MÁIS LEITUGAS PARA O INVERNADOIRO
Xa
temos o invernadoiro cheo de verduras.
Os nenos de Sisán foron os últimos en
plantar leitugas.
Agora
temos que coidalas ata que estean lista para a súa colleita. Despois faremos o
seu sorteo entre os nosos alumnos para que poidan preparar con elas, nas súas
casas, ricas e saudables receitas.
jueves, 17 de octubre de 2019
REPOLO CORAZÓN DE BOI
Os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando repolo corazón de boi ( ou corazón fado) no invernadoiro.
Podedes
ver máis fotos pinchando AQUÍ.
Soamente
faltan os nenos de Sisán, para acabar de encher o noso invernadoiro de
verduras.
miércoles, 16 de octubre de 2019
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Hoxe,
16 de outubro, celebramos o Día Mundial da Alimentación.
Este
ano o lema é: “Unha alimentación sa,
para un mundo fame cero”.
O
fin desta conmemoración é concienciar á poboación sobre o problema da
alimentación a nivel mundial e reforzar a loita contra problemas como a
pobreza, a desnutrición e a fame. Temos que lograr que as dietas saudables e
sostibles sexan máis accesibles a todo o mundo e, tamén temos pensar e concienciarnos sobre o que comemos. La FAO
(Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), explica
que cada vez dedicamos menos tempo a cociñar no fogar e máis a depender de
establecementos de comida rápida, comida para levar… Isto da lugar a que se
sigan dietas pouco saudables que, sumadas a os estilos de vida sedentaria,
propician un incremento das persoas con sobrepeso e obesidade.
Na
aula de natureza, para celebralo, estamos plantando uns dos alimentos máis
beneficiosos para a saúde como son as verduras (leitugas, repolos, brócoli, acelgas…).
Despois iniciaremos un proxecto sobre elas, no que traballaremos os seus nomes
e a súa clasificación segundo a parte delas que é comestible.
Etiquetas:
CURSO 2019-20,
DÍA DA ALIMENTACIÓN,
FAITE ECO DO LÓXICO,
HORTALIZAS,
INVERNADOIRO,
LEIRO,
LOIS,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN,
VERDURAS
martes, 15 de octubre de 2019
lunes, 14 de octubre de 2019
PLANTANDO LEITUGAS NO INVERNADOIRO
Esta
semana, se o tempo o permite, imos plantar verduras no invernadoiro.
Os primeiros en facelo foron os nenos de Leiro que plantaron leitugas.
Podedes ver máis fotos neste ENLACE.
Unha vez
que medren, como todos os cursos, faremos o seu sorteo entre os alumnos do noso
centro.
PASTELIÑOS DE ABELÁS
Os nenos
da aula de Leiro xa fixeron (no seu taller de cociña dos venres) “pasteliños de
abelás”, con estes froitos secos que colleron da abeleira que temos no noso
xardín.
viernes, 11 de octubre de 2019
LIMPANDO O XARDÍN E PROBANDO ABELÁS
Os
alumnos de Sisán estiveron quitando as malas herbas do invernadoiro, para
comezar a plantar verduras e hortalizas.
Despois
probaron algunhas abelás, que xa colleran os nenos de Leiro da nosa abeleira.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)