Mostrando entradas con la etiqueta FAITE ECO DO LÓXICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAITE ECO DO LÓXICO. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

XERMINANDO LENTELLAS

Mario segue co experimento de poñer legumes entre algodón mollado para que xerminen.
Primeiramente realizouno cos garavanzos e agora coas lentellas, que xa as ten listas para plantar.


XENIAL MARIO!

jueves, 11 de junio de 2020

A COLLEITA DE LÍA

Lembrádesvos da horta ecolóxica de Lía?.
Acelgas, espinacas, amorodos, pementos, tomates cherry, leitugas…, xa medraron moitas destas verduras e froitas e están apañando a colleita.


CANTOS ALIMENTOS ECOLÓXICOS!
ESTA SI QUE É UNHA ALIMENTACIÓN SA!
BRAVO POR LÍA E A SÚA MAMÁ TANÍA!

domingo, 31 de mayo de 2020

O CASTIÑEIRO E OS GARAVANZOS DE MARIO

Lembrádesvos dos garavanzos que puxo Mario de Ribadumia nun bote, con algodón mollado, para que xerminaran?
Xa colgamos no blog unha foto de como estaban brotando.

E aquí tedes o moito que medraron! 


Agora, vai transplantalos á terra para que a planta teña máis espazo para seguir crecendo.

Tamén plantou un castiñeiro, pero para ver as castañas vai ter que esperar algúns aniños.


Susana, a súa mamá, dinos que Mario cóidaos moito.

MOI BEN MARIO!

jueves, 21 de mayo de 2020

SEMENTANDO GARAVANZOS

Mario de Ribadumia A e a súa mamá Susana, puxeron nun bote transparente sementes de garavanzos e por enriba algodón mollado, como dixemos na entrada de sementeiros na casa.
Como podedes ver nas fotos... XA ESTÁN XERMINANDO!


QUE BEN SUSANA E MARIO!

Susana e Mario, agora se facedes o mesmo coas sementes do pemento, tomate, cabaza, xudías, sandía, melón… Teredes moitas hortalizas, legumes e froitas para deseñar unha horta ecolóxica.

lunes, 11 de mayo de 2020

CANTAS COUSAS FIXO MARTÍN!

Hoxe tivemos noticias de Martín de Ribadumia B. A súa mamá Lorena, mandounos fotos de todas as actividades que estiveron facendo na casa.
Con material de refugallo, elaboraron uns prismáticos, un foguete e un coche.



Plantaron moitas cousas, que xa están medrando.
Leitugas, en botellas de plástico recicladas.


Lentellas e perexil.


A semente dun aguacate.


Se queredes plantala como fixeron eles, tedes que quitarlle a carabuña a un aguacate, despois meter algúns palillos nela e para finalizar poñela nun vaso con agua de xeito que unha metade quede dentro e outra fora. Cando brote, xa podedes sementala.


Martín, é o encargado de regar todas as plantas para que continuen medrando.


Atoparon un niño nunha parra de viño que teñen na casa, pero os paxariños xa non estaban  e só quedaban algunhas das súas plumas. E tamén, encontraron unha preciosa xoaniña.


Fixo unhas bonitas flores con cartolina para o día da nai.


E, para rematar, aquí o vedes restrebando a terra.


MOI BEN MARTÍN!  QUE TRABALLADOR!

viernes, 8 de mayo de 2020

PLANTANDO SEMENTES DE PEMENTO

Tania, a mamá de Lía de Leiro, mandounos un correo electrónico dicíndonos que  esta semana estiveron traballando coas sementes de pemento.
Primeiramente colleron un pemento vermello, quitaran as sementes e deixáronas secar enriba dun papel de cociña.


Algunhas gardarannos para que xerminaran o ano que ven. 
Para facer isto, nun bote pechado puxeron arroz, algodón, as sementes e máis algodón.
As que decidiron plantar, primeiro colocáronas nun vaso con auga para hidratalas e as 24 horas, quitaron as que quedaron no fondo do vaso para sementalas.


Para plantalas, utilizaron unha oveira. 
Cun bolígrafo fixeron os buraquiños para metelas na terra e cunha culler taparon as sementes.



QUE BEN TANIA E LÍA!
ESTAMOS DESEXANDO VER COMO MEDRAN!

martes, 5 de mayo de 2020

CANTO MEDRARON AS VERDURAS E HORTALIZAS DE LÍA

Lía de Leiro segue coidando a súa horta ecolóxica, e por iso estivo quitando as malas herbas e cavando a terra para que as plantas medren máis rápido.



Cando realizaban esta tarefa, levaron unha gran sorpresa xa que puideron ver que saíra algún pemento e tomate cherry.


Tamén as leitugas medraron moito.


Tania, a Mamá de Lía, cóntanos que están moi contentos de como van crecendo todas as verduras e hortalizas que plantaron, xa que é a primeira vez que o fan.
Eu, dende o blog de natureza, teño que dicirlles que están feitas unhas VERDADEIRAS HORTICULTORAS e que, cando recollan a colleita e preparen as receitas vanse dar conta do gran sabor que teñen ao ser plantadas sen produtos químicos.

lunes, 4 de mayo de 2020

SEMENTEIROS NA CASA

O Colexio Mariano de Vigo, no seu blog, ensínanos a través de varios vídeos como podemos facer sementeiros na casa. Despois, unha vez que medren as plantas, como fixeron Lía, Ero e Rosana pódense elaborar pequenas hortas ecolóxicas, sobre todo os que tedes xardín ou eira.
Tamén Dana e Adriana plantaron sementes de tomate, cabaciñas, xudías e azafrán en pequenos tarriños reciclados. E Marta e Alba de rúcula, espinacas e cabaza nun pequeniño invernadoiro. 
Os que vivides en pisos, utilizando botellas de plástico, tamén construiredes pequenas xardineiras  nas ventás e balcóns.
Neste enlace veredes un vídeo de como, a partir de tomates que teñades na casa, obteredes a súa planta. 
Tamén podemos facer xerminar as sementes de tomate en cascas de ovos. Neste outro móstrannos como facelo, ademais de como cultivar áloe, cogombros, sandía, amorodos, etc. E máis verduras, hortalizas e froitas.
Aquí temos outro no que ensínannos como conseguir que  xerminen pementos en só 5 días, e fannos algunhas recomendacións para o seu cultivo.
E por último, neste amosan como xerminar lentellas. Isto mesmo podedes facelo cos garavanzos, xudías, etc.
No vídeo utilizan papel de cociña mollado, pero tamén vale usar algodón ou discos para quitar o maquillaxe.
Unha vez que teñades as pequenas plantas podedes poñelas na vosa horta ecolóxica, ou os que vivides en pisos en macetas feitas reciclando botellas de auga, refrescos, deterxentes ou macetas que teñades nas casas.



viernes, 24 de abril de 2020

O MINI INVERNADOIRO E OS CESPIÑOS DE ALBA E MARTA

Hoxe recibimos correo electrónico de Fran, o papá de Marta de Ribadumia B e Alba que tamén estivo no C.R.A de Ribadumia.
Mirade que cousas máis bonitas fixeron!
Uns Cespiños, moi graciosos, aos que puxéronlles os nomes de Potatocespiño e Frankicespiño polo seu parecido con Mister Potato e Frankenstein.


E un mini invernadoiro no que plantaron sementes de rúcula, espinacas e cabazas, que xa brotaron.





CANTAS COUSAS FAN MARTA E ALBA!

AS SEMENTES DE ADRIANA E DANA XA BROTARON!


As sementes de tomate, cabaciñas, xudías e azafrán que plantaron Dana e Adriana xa brotaron.






QUE BOAS XARDINEIRAS ESTÁN FEITAS!

A súa mamá María José, dinos que tiveron un pequeno problema coas lesmas que comeron as acelgas.
O que fixeron, para que non acabaran con todas as plantiñas, foi cambialas de sitio e de noite poñelas nun lugar máis protexido para que non accederan estes pequenos bichiños.

En internet poñen dous remedios para que os caracois e lesmas non coman as nosas verduras:
Crear unha barreira con cinza ou serraduras de madeira
Poñer casca de ovo en anacos moi pequenos ao redor
Eles necesitan terra húmida para desprazarse, e estes elementos crearían unha superficie seca e rugosa que impediríalles facelo.
Aínda que no noso invernadoiro non probamos se isto funciona para combatelos, podedes intentalo na casa e contarme se o conseguides.

jueves, 16 de abril de 2020

ERO E ROSANA PLANTAN LEITUGAS

Ana, a mamá de Ero e Rosana, mandounos a través do correo unhas fotos deles plantando leitugas.
Fixeron unha pequena horta na que, primeiro fixeron buraquiños cun pau na terra e despois plantaron neles esta verdura.




Estou segura de que pronto terán unhas grandes e fermosas leitugas para facer con elas deliciosas ensaladas.
COMO TRABALLAN ERO E ROSANA!

domingo, 12 de abril de 2020

A HORTA E O ESPANTALLO DE LÍA

Lía non para de traballar!
A súa mamá Tania, como prometera, mandounos novas fotos da súa horta ecolóxica na que estes días plantaron pementos italianos, porros e espinacas para así ter máis variedade de verduras e hortalizas.
Pero non é todo, xa que tamén fixo un espantallo empregando cousas que xa tiñan na casa: unha estrutura con paus, luvas, periódicos, roupa vella…


                                           QUE ESPANTALLO MÁIS BONITO!



                                CANTA VERDURAS E HORTALIZAS PLANTOU!

Como este espantallo din, e nós tamén estamos seguros, que van a escorrentar a todos os paxaros.

lunes, 6 de abril de 2020

A HORTA ECOLÓXICA DE LÍA E A SÚA FAMILIA

Tania, a mamá de Lía de Leiro, mandounos unas fotos da horta ecolóxica que fixeron.
Primeiramente acondicionaron o terreo para despois plantar tomates, pementos, acelgas, leitugas e amorodos. Tamén puxeron uns paus para atar as tomateiras cando medren.
Prometeron enviarnos máis fotos de como van crecendo e das novas verduras e hortalizas que vaian sementando.




QUE BONITA HORTA!
LÍA ESTÁ FEITA TODA UNHA HORTICULTORA!

martes, 31 de marzo de 2020

REPOLO RECHEO

Patricia, a mamá de Gael de Leiro, mandounos unhas fotos da receita que fixeron co repolo que lle tocou no sorteo das verduras que xa están listas para a colleita.


Fixeron repolo recheo de arroz, carne e queixo.

Aquí tedes a Gael facendo os roliños.


E así quedou o repolo recheo.


QUE BO COCIÑEIRO ESTÁ FEITO GAEL!

ESTA RECEITA TEN QUE ESTAR RIQUÍSIMA!


Podemos intentar facela na casa, incluso utilizando outros ingredientes para o recheo como atún, outras verduras, polo ou peixe en anacos pequenos etc… Tamén en vez de  follas de repolo, poden ser de espinacas, acelgas...