Aquí
vai unha proposta, de algo que xa fixemos na escola fai uns aniños.
Para
recuperala poñerei fotos de Borja e Carla, que son dous ex alumnos de Leiro,
que a realizaron nese momento.
Imos crear a CESPIÑO, que é un gracioso boneco ao que médralle o pelo.
Para
a súa elaboración necesitamos:
Unha
media curta
Terra
Sementes
de céspede ou alpiste
Fío
groso ou goma para facerlle o nariz e as orellas
Un vaso
(podedes reutilizar algún de plástico que teñades por casa)
Unha maceta pequena que teñamos por casa
Pasos
a seguir:
Metemos
a media por dentro do vaso e a enganchamos por fora del.
A continuación introducimos, na punta da media, as sementes de herba ou alpiste e seguidamente a terra ata acadar o tamaño de boneco que desexemos. Lembrade premer
moito para que non queden ocos.
Despois
facemos dous nós, para que non saia nada, e cortamos o que sobra da media.
Para facerlle o nariz, os nenos/as beliscan a media (collendo
algo de terra) e nós facemos un nó co fío groso ou goma. Realizamos a mesma
operación para as orellas.
Para os ollos e a boca na escola utilizamos pintura de dedos, pero podedes realizalos con ollos móbiles, feltro, botóns, rotuladores permanentes etc… Tamén estaría gracioso con bigote, barba, coloretes, etc.
Para
rematar mollamos a cabeza do boneco (isto tedes que facelo ata que medre o
pelo) e poñémolo no vaso que utilizamos con auga.
Todo isto, podemos metelo dentro dunha maceta pequena para que teña máis estabilidade.
Todo isto, podemos metelo dentro dunha maceta pequena para que teña máis estabilidade.
Cando
teña moito pelo, podemos facerlle moitos peiteados e incluso cortalo.
Mirade
como foi medrando o pelo, e como quedaron os que fixemos na aula de natureza.
Tamén
podedes poñerlle nome ao voso boneco con pelo de herba.
Estou
desexando ver os vosos Cespiños!
No hay comentarios:
Publicar un comentario