jueves, 25 de octubre de 2012

COMO MEDRAN AS SEMENTES!

As sementes que plantamos de alelí, pensamento, grelos e perexil, xa están medrando. Cando sexan un pouco máis grandes, transplantarémolas ao xardín e invernadoiro.  



martes, 16 de octubre de 2012

OS COGOMELOS


Imos comezar un proxecto sobre os cogomelos a través do que pretendemos que os nenos coñezan: as súas partes, cales son velenosos e cales comestibles, adiviñas e curiosidades sobre eles…

Esta semana as actividades que estamos a realizar son:
-       Saír ao noso xardín para buscar cogomelos e observar como son (a súa forma, cor, tamaño…).

-       Facer a portada do libriño, que imos elaborar sobre eles, escribindo o título que decidimos darlle: OS COGOMELOS (a maioría dos nenos coñecen o seu nome en castelán pero non como se di en galego).

domingo, 14 de octubre de 2012

GRELOS


Os nenos de Ribadumia de 4 e 5 anos plantaron sementes de grelos.


Unha vez que medren transplantarémolos ao invernadoiro.
Se queredes ver máis fotos pinchade neste ENLACE.





Ao igual que as outras aulas, tamén fixeron unha ficha para lembrar o nome da planta sementada e a data na que se plantou.

ALELÍ



Aos nenos de Lois, tocoulles plantar sementes de alelí.





Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

Tamén realizaron unha ficha na que traballamos o nome da planta que se sementou e a data na que se fixo.


viernes, 12 de octubre de 2012

SEMENTES DE PENSAMENTO


Os nenos, de Ribadumia de 3 e 4 anos, plantaron sementes de pensamento.




Se queredes ver máis fotos pinchade neste ENLACE.
A continuación imos a amosar un vídeo para que poidades ver como realizamos esta tarefa.

O protagonista é ANXO
Despois de plantar, na aula de natureza fixemos unha ficha na que traballamos o nome da planta e a data na que a sementamos.
Nenos de 4 anos
Nenos de 3 anos


miércoles, 10 de octubre de 2012

PEREXIL…


Estivemos plantando sementes de perexil cos nenos da aula de Leiro.





Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.
Na aula de natureza, fixemos unha ficha na que traballamos o nome desta planta e a data na que plantamos as súas sementes.

LIMPANDO O INVERNADOIRO…


Os nenos da aula de Leiro estiveron axudando a limpar o invernadoiro para poder plantar verduras este curso 2012-13.



 



lunes, 8 de octubre de 2012

PLANTAMOS SEMENTES DE LEITUGA

Os nenos de Sisán, iniciaron as tarefas propias do xardín plantando sementes de leituga.
Primeiramente, antes de plantar,  os nenos de 3 anos estiveron aprendendo a poñer as luvas (aos maiores serviulles para lembrar como se facía). Ista é unha tarefa que lles custa traballo realizar pero que coa práctica estamos seguros que todos lograran acadar.







A continuación plantamos as sementes de leituga en sementeiros.





Se queredes ver máis fotos pinchade neste ENLACE.
Neste curso, imos plantar as sementes de moitas das verduras e plantas do noso xardín e invernadoiro para que os nenos poidan ver o seu proceso de crecemento. Unha vez que medren transplantarémolas ao xardín ou invernadoiro.