viernes, 26 de octubre de 2018

PLANTAMOS PORROS

Los alumnos de Sisán plantaron porros no invernadoiro..



Podedes ver máis fotos neste ENLACE.


Leitugas, brócoli, repolos, coliflor e porros. Xa temos o invernadoiro cheo de verduras e hortalizas, e agora temos que coidalas para que medren e poder facer o seu sorteo entre os alumnos do C.R.A.

jueves, 25 de octubre de 2018

COLIFLOR

Hoxe estivemos plantando coliflor no invernadoiro.
 Os nenos que realizaron esta tarefa foron os de Ribadumia A.




 Máis fotos neste ENLACE.

martes, 23 de octubre de 2018

BRÓCOLI

Os alumnos de Ribadumia B, estiveron plantando brócoli no invernadoiro.




 Tedes máis fotos neste ENLACE


Imos a encher o invernadoiro de verduras e hortalizas e, unha vez que medren, faremos o seu sorteo entre os alumnos do C.R.A para que poidan preparar nas casas riquísimas receitas.

lunes, 22 de octubre de 2018

COMEZAMOS PLANTANDO NO INVERNADOIRO

Hoxe, luns 22 de outubro, comezamos a plantar no invernadoiro. 
Ata agora non o fixemos, xa que tiñamos un desnivel moi pronunciado e perigoso 
ao lado do invernadoiro. 
Temos de dar as grazas ao Concello por poñer unha valla que solucionara este problema.


Como foi solucionado, puidemos empezar a nosa tarefa. 
Os primeiros en facelo foron os nenos da aula de Leiro e, a verdura escollida foi a leituga.
Primeiramente, antes de plantar, puxerons as luvas.




 Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

lunes, 15 de octubre de 2018

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Mañá, martes 16 de outubro de 2018, é o Día Mundial da Alimentación.


Co lema “As nosas accións son o noso futuro. Un mundo #HambreCero para 2030 é posible”, este ano queren facer un chamamento global á acción (individual, en grupo e colectiva) para tratar de xerar os cambios que se precisen na construción dun mundo libre de fame e con suficientes alimentos nutritivos para todos.
Algunhas das cousas que podemos facer nós para contribuír a esta causa son:
Non tirar a comida. Se sobra, podemos conxelala, gardala na neveira ou usar os ingredientes para outro xantar.
Producir máis con menos. Encontrar novas formas de cultivar alimentos que sexan máis produtivas e diversificar os cultivos.
Adoptar unha dieta máis saudable. Hai que preparar comidas máis nutritivas, pero vivimos nun mundo acelerado no que case non hai tempo para preparalas. Pero os alimentos beneficiosos para a nosa saúde, tamén se poden comer de forma rápida e sinxela utilizando só uns poucos ingredientes (compartindo receitas, seguindo a cociñeiros para aprender a cociñar cousas novas…).
Na aula de natureza ademais de falar de todo isto, estamos realizando as seguintes actividades:
Unha ficha para lembrar esta data. Nela, como as froitas son moi importantes na alimentación diaria, cada neno tamén debuxou (de forma fácil) a súa favorita.


Aquí tedes outras froitas que debuxaron


Un semáforo de alimentos, a través do que aprenderon a clasificar algúns segundo debamos comelos todos os días, en cantidades moderadas e non todos os días e só ocasionalmente.

jueves, 4 de octubre de 2018

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

Hoxe, 4 de outubro, é o Día Mundial dos Animais



O propósito desta data, é lembrar a importancia dos animais cós que compartimos o noso Planeta. Moitas veces son vítimas da crueldade, por iso temos que defendelos para que a xente os respecte e coide.
Nós, na aula de natureza, estivemos falando de que temos que coidalos e non facerlles dano. Despois os nenos/as contaron que mascotas tiñan nas casas e canto as querían.
A continuación lemos dous contos onde son os protagonistas:
“Amigos” de Andrea Hensgen e Beatrice Rodríguez. Que trata dun solitario neno que todos os días camiña a súa escola e durante o traxecto debe enfrontarse a situacións que o atemorizan (a escuridade dun túnel, o ladrido dun can…). Pero unha tarde atópase cun can que tamén está só e que, dende ese momento, será o seu fiel compañeiro.



“Hay una vaca en la nevera” de Amaia Cía e Ricard Zaplana. Neste libro podemos atopar unha gran aventura. Tan enorme como o corazón da vaca Carola Quesodebola que un día aparece na neveira dunha familia.

Tamén fixemos unha ficha para lembrar esta data. Nela, cada neno/a tiña que debuxar un animal.




Aquí tedes máis...

Có libro “Como dibujar animales” da editorial Susaeta, aprenderon a facelo de xeito sinxelo, seguindo os pasos que se lles indicaba.