lunes, 30 de septiembre de 2013

O NOSO LIBRO DE SEMENTES

Cando morre unha planta do noso xardín, recollemos as súas sementes e gardámolas para volver a plantalas cando sexa a súa época.
Como temos moitas decidimos facer un libro de sementes no que, en cada folla vai aparecendo:

                   -  Nome da planta e unha foto da mesma
                   -  Unha pequena mostra da súa semente

Cando rematemos, cada neno levará o seu libriño para casa.
Ata agora só fixemos a portada…


Pronto amosaremos algunhas das plantas que estamos incluíndo.

AS PLANTAS...

Para comezar a traballar en torno ao noso xardín dos sentidos, na aula de natureza, estivemos falando sobre as plantas: as súas partes, por onde comen, como medran…

A continuación fixemos unha ficha onde estivemos secuenciando o proceso de crecemento dunha semente.

martes, 17 de septiembre de 2013

COMEZAMOS…

Para este curso 2013-14 o programa de educación medioambiental VOZ NATURA volveu a aprobar o noso proxecto "O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE DEPENDE DE TODOS ¡PROTEXÁMOLO!".
Todas as actividades que imos realizar van encamiñadas a que os nosos alumnos:
-  Descubran o proceso de crecemento dalgunhas plantas, as súas características, coidados e as técnicas de cultivo tradicionais.
-  Coñezan a orixe dos alimentos que tomamos.
-  Recoñezan a importancia do emprego de abonos naturais para o xardín e invernadoiro (elaboración de compost).
-  Aprendan a:
     - Separar residuos orgánicos dos inorgánicos a través da recollida selectiva.
     - Reutilizar algúns (botellas de plástico decoradas para facer macetas, medias vellas para
       facer saquiños de herbas aromáticas...).
-  Coñezan a importancia da terra, sol, aire e auga, no só para as plantas senón tamén para todos os seres vivos.
-  Desenvolvan comportamentos responsables respecto a tarefas de interese común e, aprendan a traballar en equipo.

Ademais como este ano VOZ NATURA, na súa XVII edición, pretende chamar a atención da necesidade de actuar sobre os ríos e as praias, no noso centro, imos a aproveitar para realizar un proxecto sobre a auga a través do que non só investigaremos para que serve, quen viven nela, o seu ciclo..., senón que tamén traballaremos as causas da súa contaminación (ríos, praias...) e como poder evitala.