jueves, 30 de mayo de 2019

SORTEAMOS CABACIÑAS

As cabaciñas que plantamos xa deron o seu froito, polo que estamos facendo o seu 
sorteo entre os alumnos do C.R.A.
Todos os nenos xa levaron algunha verdura ou hortaliza por iso estamos comezando de novo a sortear.


jueves, 16 de mayo de 2019

martes, 14 de mayo de 2019

jueves, 9 de mayo de 2019

VISITA DA AVOA ELVIRA

Hoxe recibimos a visita de Elvira, avoa de Iago de Ribadumia A, que veu para ensinarnos unha planta especial coa que se fan esponxas naturais.

Trátase da “luffa” que ten forma de cabaciña ou cogombro e medra como unha enredadeira.

(fotos del blog lamujerdelasdiamelas)

Puidemos ver como son as sementes (cada neno levou unhas poucas para plantar na casa), a planta cando empeza a crecer e as esponxas que se fan co froito.





Tamén Marta, a nai de Iago, trouxo uns xabóns naturais que fai unha sobriña e aos que lle meten polo medio anacos de esponxa que fai Elvira.  

MOITAS GRAZAS MARTA E AVOA ELVIRA!
Aquí deixámosvos un enlace a un vídeo no que podedes ver como se planta, cando se recolle e como se fan as esponxas.

martes, 7 de mayo de 2019

PROXECTO COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

Na escola estamos cun proxecto sobre que cousas podemos facer para coidar o medio ambiente.


Para comezar vimos o conto “¿Por qué debo reciclar?” de Jeen Green e Mike Gordon. Nel, os protagonistas da historia, dan resposta a preguntas como ¿Por qué é importante reciclar?, ¿Cómo clasificar o lixo?, ¿Qué materiais podemos reutilizar?... Tamén falamos de que nós, cos nosos contedores para clasificar o lixo e o noso boneco Piliñas (para a recollida selectiva das pilas), estamos poñendo o noso gran de area para acadar o obxectivo de conservar o medio ambiente.


Despois estivemos vendo de que cores son os contedores e que basura hai que tirar en cada un. É, aproveitando que veu ao colexio Rocío a explicarnos que é o compost e con que se fai, tamén repasamos que podemos meter na composteira para facer “terra máxica” (abono orgánico).





Para rematar traballamos o importante que é non contaminar o aire e evitar os ruídos é que podemos facer para contribuír a su redución


domingo, 5 de mayo de 2019

CONVIVENCIA CÓS AVÓS DA RESIDENCIA DOMUSVI

Dentro do Plan Proxecta Voluntariado Miúdo: Movete!, o venres 3 de maio tivemos unha mañá de convivencia cos avós da Residencia DomusVi de Ribadumia. Temos que dar as grazas a Andrés, que foi o que organizou a visita é esta colaborando connosco en todo o que queremos facer en torno aos avoíños.


Estas son as actividades que realizamos:
Mentres que os avós almorzaban xogamos no seu fermoso xardín cun paracaídas  e despois libremente.


Andrés ensinounos as instalacións da residencia: o comedor, ximnasio e sala de rehabilitación, perruquería, consultorio médico e sala de curas, sala de estar e televisión, lavandería…


Despois tivemos un taller de manualidades cós superavós, para facer os traxes dos nenos que formaban parte da obra de teatro que se ia a realizar a continuación. 


As mestras Montse, Olalla música e Olalla Educación Física e Informática, representaron unha obra de teatro baseada no conto “Avós” de Kalandraka.


Tamén cantamos para eles “supermayores” que escribiu a profe Montse.



Para a merenda tiñan preparado unha bolsiña para cada neno cunha mazá, unha botella e auga e un chupa chups.




E para rematar a mañá, plantamos no xardín un castiñeiro, unha pereira, unha maceira e unha ameixeira.


Foi unha xornada moi divertida e emotiva cos avoíños e persoal da residencia, é estámoslles moi agradecidos pola acollida e cariño mostrado cara os nosos alumnos. 





sábado, 4 de mayo de 2019

AROMÁTICAS

Os alumnos de Ribadumia A saíron ao xardín para plantar aromáticas. As escollidas foron: salvia, ourego e alfábegas.
                                                                                         SALVIA


                                                                                      ALBAHACA


                                                                                         OUREGO


 Máis fotos AQUÍ.