miércoles, 1 de mayo de 2019

OS MAIOS E A COMPOSTAXE

Onte, 30 de abril, tivemos a festa dos Maio no C.R.A de Ribadumia.


Como todos os anos, as familias colaboraron traendo fiúnchos, flores, ovos baleiros, laranxas…
Durante a mañá realizamos diversas actividades:

Montamos o Maio.


Fixemos, na entrada da escola de Leiro, o cartel desta celebración con flores, paus e pedriñas.  



Os nenos elaboraron cadenetas de pampullos e ovos para adornar o Maio.


Grazas ao programa educativo “Apúntate á compostaxe” de CEIDA (en colaboración coa Deputación de Pontevedra),  tivemos a visita de Rocío que trouxo con ela ao caracol Ecocol e veu para explicarnos que é a “terra máxica” (compost), que cousas podemos utilizar para facelo e que animaliños axudan a elaboralo. Tamén xogaron, cos cinco sentidos, a adiviñar cousas que poden formalo e viron un vídeo de Pepa Pig no que esta familia ensina aos nenos como se fai o reciclaxe dos residuos orgánicos domésticos e como os pequenos bichiños comen estes restos para producir o compost. E para finalizar plantaron unha faba nunha maceta de cortiza reciclada.



Merendamos riquísimos doces elaborados polas familias dos nosos alumnos.


Para rematar a festa, familias, mestres e nenos, bailamos ao redor do Maio acompañados do grupo musical Demos da Petaca (agasallo da ANPA do nodo colegio). 


No hay comentarios:

Publicar un comentario