Dentro
do Plan Proxecta Voluntariado Miúdo: Movete!, o venres 3 de maio tivemos unha
mañá de convivencia cos avós da Residencia DomusVi de Ribadumia. Temos que dar
as grazas a Andrés, que foi o que organizou a visita é esta colaborando
connosco en todo o que queremos facer en torno aos avoíños.
Estas
son as actividades que realizamos:
Mentres
que os avós almorzaban xogamos no seu fermoso xardín cun paracaídas e despois libremente.
Andrés ensinounos as instalacións da residencia: o comedor, ximnasio e sala de rehabilitación,
perruquería, consultorio médico e sala de curas, sala de estar e televisión,
lavandería…
Despois
tivemos un taller de manualidades cós superavós, para facer os traxes dos nenos
que formaban parte da obra de teatro que se ia a realizar a continuación.
As
mestras Montse, Olalla música e Olalla Educación Física e Informática,
representaron unha obra de teatro baseada no conto “Avós” de Kalandraka.
Tamén
cantamos para eles “supermayores” que escribiu a profe Montse.
Para
a merenda tiñan preparado unha bolsiña para cada neno cunha mazá, unha botella
e auga e un chupa chups.
E para
rematar a mañá, plantamos no xardín un castiñeiro, unha pereira, unha maceira
e unha ameixeira.
Foi
unha xornada moi divertida e emotiva cos avoíños e persoal da residencia, é
estámoslles moi agradecidos pola acollida e cariño mostrado cara os nosos
alumnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario