viernes, 23 de febrero de 2024

SORTEAMOS VERDURAS

A asa de cántaro, brócoli, repolo e coliflor que temos no noso invernadoiro xa están listos para a colleita, polo que estamos facendo o seu sorteo entre o noso alumnado. 

ASA DE CÁNTARO






BRÓCOLI


REPOLO





COLIFLOR





XERANIOS, CICLAMEN, AMORODOS E ACELGAS

Esta semana, os días que non choveu, estivemos plantando no xardín e invernadoiro.

LEIRO – XERANIOS E CICLAMEN


Máis fotos neste ENLACE.

RIBADUMIA B – AMORODOS


AQUÍ podedes ver máis fotos.

LOIS – ACELGAS

Neste ENLACE tedes máis fotos.

miércoles, 14 de febrero de 2024

DÍA DA ENERXÍA

 Hoxe, 14 de febreiro. É o día da Enerxía.

Na aula de natureza, para que os nenos entenderán o significado desta palabra, estivemos mirando dous vídeos:

  • “Que es la energía? - Tipos de energía para niños”
  • “Que es la energía eléctrica? – Tipos de energía, vídeo educativo para niños”

Con eles o que pretendiamos era ensinarlles dunha forma sinxela que é, para que serve, os tipos de hai…  

Despois, nunha ficha estivemos escribindo a data e o que se conmemora. Tamén rodeamos, dunha serie de obxectos, cales necesitan enerxía eléctrica para funcionar.

lunes, 5 de febrero de 2024

REDUCIMOS E REUTILIZAMOS O LIXO

Sistematicamente, o día que cada aula visita a biblioteca da sede do C.R.A, cada alumno leva un conto a súa elección menos un neno que, rotativamente, leva unha mochila viaxeira. Nelas, as familias poden atopar ademais dalgúns contos, outros libros de consulta relacionados con: pintura, música, manualidades, animais, plantas, cociña-receitas, historia, medio ambiente, transportes, lecturas para pais…

Como en moitas mochilas hai un libro onde aparecen cousas para facer con material de refugallo, queremos ensinarvos algunhas das cousas que realizaron os nosos alumnos. 

Lola, de Ribadumia A, fixo unha vaca peto con cartóns de leite.

Alexia, de Ribadumia B, animaliños con tubos de papel hixiénico.

Jesús, de Ribadumia A, elaborou un monstro cunha caixa de ovos.

Adán e Aroa, de Ribadumia B, un teléfono con vasos de iogur.


Lara, de Ribadumia B, os Reis Magos con tubos de papel hixiénico.

Lúa, de Leiro, unha galiña con tubos de papel hixiénico.


O que acadamos con todas estas creacións é: 

  • Que haxa menos lixo.
  • darlle un novo uso a algo que xa non nos sirve. 

Animádevos a mandarnos cousas realizadas con material de desfeito ao correo da aula de natureza: blogdenatureza@gmail.com

viernes, 2 de febrero de 2024

MÁIS PLANTAS PARA O NOSO XARDÍN

 Seguimos enchendo o noso xardín de flores de moitas cores.

LEIRO - VIOLAS


Máis fotos neste ENLACE.

RIBADUMIA B – COL DECORATIV


Pinchando AQUÍ podedes ver máis fotos.

LOIS – CARAVELIÑAS


                                                           E HORTENSIAS

Neste ENLACE máis nenos plantando.