viernes, 20 de mayo de 2016

REMATANDO O PROXECTO DOS BOSQUES

Xa estamos terminando o noso proxecto sobre os bosques. Os últimos traballos son para coñecer: os perigos que os ameazan, que animais e que árbores podemos atopar neles…









viernes, 6 de mayo de 2016

COGOMBROS E LEITUGAS

Os nenos da aula de Sisán, levan moito tempo sen plantar. Unhas veces polo mal tempo e outras por ter algunha festa ou actividade de todo o CRA, o día que eles veñen a Leiro. Por iso, cada alumno/a plantou dúas hortalizas: leitugas e cogombros.

                                                                    LEITUGAS


                                                                COGOMBROS


Pinchade neste ENLACE para ver máis fotos. 

Cando medren, ademais de facer o seu sorteo, con algunas leitugas faremos 
una rica receita no noso taller de cociña.

martes, 3 de mayo de 2016

APRENDE A RECICLAR COA PATRULLA ALERTA NATUREZA

Queremos ensinarvos o traballo que presentamos para o VI Concurso Escolar “Cuidamos el Medio Ambiente” (Organizado por Produtos IMEDIO S.A).
Como xa dixemos, noutra entrada, vai ser a primeira misión da nosa “Patrulla Alerta Natureza” e, a súa finalidade é que os nenos/as aprendan a reciclar a través do noso xogo. En cada folla aparece un patrulleiro cun obxecto na man e co nome do mesmo enriba. Os rapaces terán que pensar cal sería o contedor onde deberíamos tiralo. Unha vez que toman a súa decisión abrirán a porta, que hai ao lado, para comprobar que a súa elección foi a correcta.
Aquí tedes unha pequena mostra do noso xogo