viernes, 24 de noviembre de 2023

VIOLAS EN RODAS RECICLADAS

Os nenos de Ribadumia A estiveron plantando violas nunha das rodas recicladas que temos no xardín.


Podedes ver AQUÍ máis fotos.

MÁIS RESIDUOS PARA O COMPOSTEIRO

Como estivemos collendo moito compost do noso composteiro para abonar a terra do invernadoiro, estamos metendo residuos para elaborar máis.

LEIRO


LOIS


RIBADUMIA A

SISÁN

MÁIS VERDURAS PARA O INVERNADOIRO

Esta semana estivemos enchendo o invernadoiro de verduras.

LEIRO PUXO REPOLOS


Máis fotos neste ENLACE.

RIBADUMIA B PLANTOU ASA DE CÁNTARO


Tedes máis fotos AQUÍ.

LOIS SEMENTOU PORROS


E SISÁN COLIFLOR


Pinchando neste ENLACE hai máis fotos.

viernes, 17 de noviembre de 2023

PLANTANDO BRÓCOLI

Os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando no invernadoiro brócoli.


Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

LIMPANDO O INVERNADOIRO

Despois de máis de un mes chovendo, sen poder saír ao invernadoiro, tivemos que volver a limpalo para poder plantar nel. Os encargados de realizar esta tarefa foron os nenos de Lois.

Tamén estiveron collendo compost do noso composteiro, para enriquecer a terra de forma natural. 

viernes, 3 de noviembre de 2023

OSO QUIERE SER APICULTOR

Na aula de natureza, estivemos lendo un conto moi bonito e gracioso que leva por título “Oso quiere ser apicultor” (de Alex G. Griffiths e a editorial Jaguar). A través del, puidemos coñecer un pouco máis ás abellas e tamén que hai que facer para ser un bo apicultor (persoas que cría e coidan a estes insectos para obter de elas beneficios como o mel, a cera….

Tamén estivemos mirando algúns vídeos para investigar sobre: quen vive na colmea e como son (raíña, abellón, obreira…), que fan estes animaliños para fabricar o mel, quen coida ás abellas e realiza a colleita, que traxe hai que poñer para que non piquen, como se extrae este alimento…


Tratando de aprender cousiñas sobre las abellas tamén descubrimos que a muller ten un papel moi importante na apicultura, xa que:

Nas pinturas rupestres que apareceron nalgunhas covas, queda demostrado que eran elas as que collían os panais de mel. A razón era, que nesta época os homes dedicábanse a cacería de grandes animais e as mulleres e nenos ían con cestas para facer recolección de froitos, sementes…, pero mentras realizaban esta tarefa tamén abordaban as colmeas e utilizaban fogo e fume para afastar as abellas e roubarlles o mel.

Tamén houbo unha muller inglesa chamada Eva Crane, que cambiou a súa vida grazas a un regalo de vodas. Xa que un dos agasallos foi unha colmea, e a razón de darllo foi que nesa época en Inglaterra (onde vivía) había unha guerra e o prezo dos alimentos, especialmente o azucre, era moi caro. Por iso, aos invitados pareceulle boa idea, xa que o mel podía substituílo.

Ela, empezou a interesarse polas abellas e estudou para aprender moitas cousas sobre elas, ata o punto que acabou converténdose nunha experta, escribiu libros e tamén foi por moitos  países para explicarlles a apicultores e granxeiros todo o que sabía. Tamén foi coñecida como “a raíña das abellas”.