viernes, 23 de octubre de 2020

PLANTANDO COLIFLOR

E rematamos esta semana, na que sementamos moitas verduras no noso invernadoiro, cos nenos de Sisán plantando coliflor.


Máis fotos AQUÍ.

jueves, 22 de octubre de 2020

REPOLOS

Seguimos enchendo o noso invernadoiro de verduras, e esta vez foron os alumnos de Ribadumia A os encargados de realizar esta tarefa plantando repolos.



Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

lunes, 19 de octubre de 2020

PLANTANDO LEITUGAS NO INVERNADOIRO

Comezamos a plantar no invernadoiro, e os primeiros en realizar esta actividade foron os nenos das aulas de Leiro e Ribadumia B. As verduras escollidas foron as leitugas.

Primeiramente puxeron as luvas, para non manchar as mans. Debido ao coronavirus, cada alumno ten unhas co seu nome.

Para plantar cada neno leva a súa pa e, unha vez que rematamos esta tarefa, bótaa nun cubo para que a mestra posteriormente as desinfecte todas.

No invernadoiro tamén puxemos marcas, realizadas con pintura, para que os alumnos estean sentados e separados antes de sementar a súa plantiña.


LEIRO

Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

RIBADUMIA B

Tedes máis fotos neste ENLACE.

Despois, na aula de natureza, fixemos una ficha na que escribimos o que plantamos e onde.

viernes, 16 de octubre de 2020

DÍA DA ALIMENTACIÓN

 Hoxe, 16 de outubro, é o día da alimentación.

Con esta conmemoración preténdese facer un chamamento mundial á solidariedade para conseguir que os alimentos saudables cheguen a todos os recantos do Planeta, especialmente aos lugares máis desfavorecidos e que resultaron máis danados pola crise do COVI-19.

Tamén queren facer unha homenaxe aos #HeroesdaAlimentación de todo o mundo que plantan, cultivan, pescan ou transportan os alimentos. É por isto, que como lema deste ano 2020 escolleron “Cultivar, nutrir, preservar. Xuntos”.

Na aula de natureza estivemos falando de:

- A importancia de comer sa.

- Que teñen que darlle valor a todo do que dispoñen, xa que hai nenos que por desgraza non reciben os alimentos necesarios.

- Non debemos tirar a comida.

- Que podemos axudar ás familias, máis próximas, que estean pasando por estas situacións complicadas.

Despois lemos o conto “sopa verde” de Ángela Madeira e Till Charlier, que trata sobre un coello que só comía cousas de cor verde. El prefería os alimentos que coñecía e rexeitaba os novos, por iso varios animaliños tratan de convencelo. Pero terá que intervir o moucho, para que o teimoso protagonista decida probalos todos nunha sopa.

domingo, 4 de octubre de 2020

DÍA DOS ANIMAIS

 Hoxe, 4 de outubro de 2020, celebramos o Día Mundial dos Animais.

Esta data, promovida pola Organización Mundial de Protección Animal, ten como obxectivo de lembrarnos que os animais son seres vivos aos que temos que respectar, coidar e protexer. Tamén pretende frear a extinción dalgunhas especies, provocada polos humanos.

Na aula de natureza estivemos falando da importancia de coidar aos animais, e tamén lemos “el sueño de chocolate” de Elisabet Blasco.

Este conto narra a historia dun canciño que busca un fogar e, pretende sensibilizar e concienciar a nenos e adultos sobre a responsabilidade que temos que ter coas nosas mascotas. 

Os animais son seres leais que dan amor incondicional, e por iso é moi triste saber que segue habendo moitos que son abandonados e maltratados.