Hoxe, 16 de outubro, é o día da alimentación.
Con esta conmemoración preténdese
facer un chamamento mundial á solidariedade para conseguir que os alimentos
saudables cheguen a todos os recantos do Planeta, especialmente aos lugares
máis desfavorecidos e que resultaron máis danados pola crise do COVI-19.
Tamén
queren facer unha homenaxe aos #HeroesdaAlimentación de todo o mundo que
plantan, cultivan, pescan ou transportan os alimentos. É por isto, que como
lema deste ano 2020 escolleron “Cultivar,
nutrir, preservar. Xuntos”.
Na
aula de natureza estivemos falando de:
- A importancia
de comer sa.
- Que
teñen que darlle valor a todo do que dispoñen, xa que hai nenos que por
desgraza non reciben os alimentos necesarios.
- Non
debemos tirar a comida.
- Que
podemos axudar ás familias, máis próximas, que estean pasando por estas
situacións complicadas.
Despois lemos o conto “sopa verde” de Ángela Madeira e Till Charlier, que trata sobre un coello que só comía cousas de cor verde. El prefería os alimentos que coñecía e rexeitaba os novos, por iso varios animaliños tratan de convencelo. Pero terá que intervir o moucho, para que o teimoso protagonista decida probalos todos nunha sopa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario