Hoxe, 4 de outubro de 2020, celebramos o Día Mundial dos Animais.
Esta
data, promovida pola Organización
Mundial de Protección Animal, ten como obxectivo de lembrarnos que os
animais son seres vivos aos que temos que respectar, coidar e protexer. Tamén
pretende frear a extinción dalgunhas especies, provocada polos humanos.
Na aula de natureza estivemos falando da importancia de coidar aos animais, e tamén lemos “el sueño de chocolate” de Elisabet Blasco.
Este conto narra a historia dun canciño que busca un fogar e, pretende sensibilizar e concienciar a nenos e adultos sobre a responsabilidade que temos que ter coas nosas mascotas.
Os animais son seres leais que dan amor incondicional, e por iso é moi triste saber que segue habendo moitos que son abandonados e maltratados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario