domingo, 26 de marzo de 2023

SEGUIMOS PLANTANDO NO XARDÍN E INVERNADOIRO

Como xa sorteamos moitas verduras no noso invernadoiro, temos espazo para seguir plantando máis. Así que, os nenos de Leiro, Lois e Ribadumia B estiveron poñendo leitugas e acelgas                                               

 LEIRO leitugas


Máis fotos AQUÍ.

RIBADUMIA B acelgas


Neste ENLACE tedes máis fotos.

LOIS leitugas


Pinchade AQUÍ e veredes máis fotos.

Tamén os alumnos de Sisán, plantaron alegrías guineanas nunha das rodas de tractor recicladas que temos no xardín.


Tedes máis fotos neste ENLACE.

sábado, 25 de marzo de 2023

XORNADA CON MOITAS ACTIVIDADES

 O xoves 23 de marzo, xuntouse todo o noso alumnado en Leiro para realizar moitas actividades:

- Viñeron Uxía e Roque de “Ti si que es un bo peixe” (dentro do programa Aliméntate Ben no que participamos) para falarnos dos peixes que viven no mar. Con elas aprendemos un montón de cousas: que cando nadan xuntos se chama bancos, cales se pescan con cana, con rede ou nasas, a difícil tarefa que teñen os percebeiros para coller os percebes, como collen os berberechos e ameixas as marisqueiras..

Tamén explicáronnos que beneficios nos proporcionan algúns peixes, algas e mariscos: pescada axuda a que funcione ben o corazón, a sardiña fai que vexamos mellor, o peixe sapo a que sexamos máis intelixentes, o linguado a que teñamos os dentes e ósos máis fortes, a robaliza da enerxía, a nécora limpa o noso corpo por dentro, o argazo (alga) a que as nosas defensas sexan máis fortes…

Despois contactáronnos con Peix, co que cantamos e bailamos a canción de ti si que es un bo peixe.

Para rematar, os nenos dividíronse en dous grupos e nun pescaron e noutro fixeron diferentes quebracabezas.




Agasalláronnos cun gorro de cociñeiro.

- Fixemos unha pausa para merendar.



- Recibimos a visita da etnóloga Patricia, que veu para falarnos da importancia dos nosos sentidos. Díxonos que o olfacto é moi importante xa que todo o que cheiramos vai ao cerebro, aprendemos con que partes da lingua notamos os sabores doces, salgados, ácidos e amargos. Para acabar, os nenos participaron en diferentes xogos de adiviñar cheirando, probando…

- Tivemos un taller de degustación onde os nenos probaron diferentes froitos secos e carnosos, e tamén xogaron a clasificar froitas de xoguete.

Para acabar esta xornada os nosos alumnos viron dous vídeos: "a Orca" e "a Tartaruga Laud". 

Despois realizaron un debuxo sobre animais do mar, para o que utilizamos o libro “Como dibujar animales” de Susaeta para que fora máis sinxelo facelos.

miércoles, 22 de marzo de 2023

DÍA DA AUGA

 Hoxe conmemoramos, 22 de marzo, o día da Auga.

Este ano o obxectivo é que os gobernos adquiran compromisos voluntarios con respecto ao uso da auga e o seu saneamento.

Na aula de natureza, primeiramente estivemos falando de como utilizamos a auga cando cepillamos os dentes, lavamos as mans e o corpo, regamos… A intención era que entre todos chegaramos a un consenso de como facer todas estas cousas sen desperdiciala.

Despois estivemos lendo o conto “Os bolechas queren saber que é a auga” de Pepe Carreiro. Neste libro, a través das súas follas vannos explicando os seus estados, onde podemos atopala (mar, rios, lagos…), quen vive nela, que son as augas subterráneas, cando se convirte en xeo e en neve, como chega ás nosas casas, como se contamina e que son as depuradoras.

Para rematar, realizamos unha actividade na que puxemos pegatina verde ou vermella en diferentes accións segundo se este aforrando ou malgastando.

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DOS BOSQUES

 Hoxe, 21 de marzo, celebramos o día dos Bosques.

Na aula de natureza estivemos falando do importantes que son e de todas as cousas que nos proporcionan: dan a sombra que tanto necesitamos nos días de moita calor, producen osíxeno e limpan o aire, dan froitas, son a casiña de animais… Por todo isto e máis, temos que protexelos e loitar contra a súa deforestación.

Despois estivemos lendo o conto “El último árbol” de María Quintana Silva, que conta como as árbores dun pobo deciden marcharse unha noite xa que a xente as maltrata e corta en anacos. Goran, un neno que ten unha no seu xardín, pregúntase se tamén se foi. Cando chega a casa, a atopa xusto a tempo para tratar de convencela de que se quede dicíndolle que se compromete a que ao espertar do seu sono invernal todo ao seu arredor será máis bonito e agradable.


Para rematar, cada neno debuxouse cunha árbore e escribiu o que máis lle gustaba de todos os beneficios que nos dan.







lunes, 20 de marzo de 2023

EVITEMOS OS FUMES E RUÍDOS

Na aula de natureza, estivemos falando e vendo que cousas podemos facer para evitar os fumes e ruídos e deste xeito coidar o noso medio ambiente. 

viernes, 17 de marzo de 2023

QUE OBXECTOS PODEMOS REUTILIZAR?

Na aula de natureza estivemos lendo o conto “No somos basura” de Los Rodríguez. 

Trata dunha botella que imaxinaba unha vida chea de aventuras, pero termina metida nun contedor amarelo de reciclaxe.

Con esta lectura o que queremos é que os nosos nenos saiban que xeramos moito lixo, e as veces en vez de tiralo podemos darlle unha nova vida.

Despois estivemos rodeando, con rotulador verde, obxectos cos que podemos crear outros novos e, con rotulador vermello, aqueles que non.

Esta actividade vainos servir para poñer en marcha un caderno viaxeiro que levará por título “Dándolle unha nova oportunidade ao lixo” e, percorrera os fogares dos nosos alumnos coa intención de que non se tiren todos os obxectos, envases, etc… que temos por casa para poder crear con algúns deles cousas novas.

A nosa intención é concienciar da importancia de reciclar e reutilizar.

sábado, 4 de marzo de 2023

QUE BEN COMEN OS NOSOS ALUMNOS!

María del Carmen, a mamá de Mateo de Sisán, mandounos unha foto do seu fillo comendo a coliflor que lle tocou con ovo, pataca e bacallau.

Leticia, a tía de Pablo, enviounos un collage con fotos so seu sobriño e a súa filla Aroa comendo a coliflor gratinada que preparou Susana a nai de Pablo.

Pilar, a nai de Alma de Ribadumia B, mandou fotos da súa nena co repolo que lle tocou e comendo a sopa que elaboraron con el.

Silveria, a mamá de Daniela de Sisán, tamén díxonos no seu correo que fixeron unha sopa co repolo que levou para comer na casa. 


Aquí temos as fotos que enviou Tania, a nai de Brais da aula de Leiro, comendo o repolo que levou do colexio nun caldiño con patacas e cenoria.

Lorena, a mamá de Antía de Leiro, mandounos unha foto da súa filla comendo un cocido ao que lle botaron o repolo que lle tocou.

Laura, a nai de Giancarlo de Ribadumia A, enviounos dúas fotos nas que o seu neno está comendo a asa de cántaro con patacas, cenoria, carne cocida e ovo.

Loly, a mamá de Sofía Agra de Lois, mandounos una foto da súa nena comendo o repolo con polo cocido e patacas.

Oscar, o papá de Valeria de Riobadumia B, enviounos unha receita que prepararon coas acelgas. Engadíronlle ñoquis, cabaciñas e tomates cherry e fixérono ao forno. Dinos que estaba delicioso!!

Recibimos no correo as fotos de Marta, a nai de Aarón de Leiro, nas que aparece o seu neno comendo a coliflor que lle tocou con patacas e ovo.  

Leticia, a nai de Aroa de Ribadumia B, mandounos unhas fotos da súa filla comendo as acelgas en tortilla e as súas pencas rebozadas. Dinos que non é unha verdura que coman moito na casa, pero sorprendeulle o rica que estaba.  

Aquí tedes un caldiño que prepararon na casa de Roi de Lois coas acelgas que levou. A foto enviouna Sandra, a súa mamá, e nela podemos ver que ademais ten fabas, patacas, cenoria e chícharos.

Andrea, a nai de Adán de Ribadumia B, mandounos dúas fotos do riquísimo guiso que fixeron coas acelgas.


Tamén recibimos unha foto que enviou Yolanda a mamá de Suri e Omar de Lois, comendo a asa de cántaro e as acelgas respectivamente.

Angi, a nai de Josua de Ribadumia B, mandounos unha foto do seu fillo comendo as acelgas con carne.

GRAZAS POLAS FOTOS FAMILIAS!!

QUE RICAS AS RECEITAS, E COMO COMEN SAN ESTOS NENOS!!