sábado, 22 de febrero de 2020

XERANIOS

Os nenos de Lois e Ribadumia A, plantaron xeranios no xardín.


Neste ENLACE tedes máis fotos de Lois.


AQUÍ podedes ver máis fotos de Ribadumia A.

SEMENTES DE TAXETE

O luns, 17 de febreiro, os alumnos de Leiro estiveron plantando sementes de taxete. 
Antes de facelo, estivemos mirando as sementes de outras plantas para comprobar que non todas teñen a mesma forma, cor e tamaño.
Para sementalas reutilizamos vasos de plástico de cores que serviron de macetas. Deste xeito, reducimos o lixo que tiramos ao contedor.
Para non confundirnos, e que cada neno puidera levar a súa, puxéronlle o seu nome e o da semente ao vasiño.


sábado, 15 de febrero de 2020

CANTAS ACTIVIDADES!

O xoves 13 de febreiro, todas as escolas do C.R.A de Ribadumia, xuntámonos en Leiro para realizar moitas actividades.
Visitounos Maruxa, unha hixienista dental do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia. Falounos do ratiño Pérez, que temos na boca, para que serve, como podemos coidala, cantas veces ao día temos que cepillar os dentes, que non se pode comer moito azucre, que hai que tomar zumes naturais… Tamén trouxo a súa amiga Boca Chancla para ensinarnos como temos que cepillarnos. 


E para rematar, agasallou aos nenos cun cepillo e pasta de dentes, un calendario para anotar cunha cariña sorrinte as veces que lavamos os dentes e un caderno para colorear do rato Pérez.



Como un curso máis volvemos a participar no programa Aliméntate Ben, viñeron os cociñeiros de Ponlle as Pilas ao teu Bocata que prepararon deliciosos bocadillos a base de conservas e combinados con queixo e vexetais (millo, leituga, tomate…). Con eles, os rapaces, tamén puideron disfrutar de xogos, unhas gafas 3D…, para descubrir de forma divertida os beneficios de consumir peixe. E, ao final, déronlle aos nenos unha viseira, un recetario de bocadillos e un chaveiro.


E para rematar a mañá a mestra Montse e Jose amenizáronnos coa historia de “Makita a extraterreste ecolóxica” que viña do Planeta enano Makemake, o conto “Capitán Verdemán superhéroe del reciclaje” e a canción “O meu Planeta”. A súa intención, con todas estas divertidas actividades, era transmitirnos a importancia de usar as 4R (reducir, reutilizar, reciclar e recuperar).


viernes, 14 de febrero de 2020

DÍA DA ENERXÍA

Hoxe, venres 14 de febreiro, é o día da Enerxía. 


Na aula de natureza estivemos vendo o conto “¿Por qué está triste la tierra?” no que, coa axuda dun extraterrestre que se chama Pif, descubrimos unha visión algo triste do noso Planeta. O motivo desta tristeza, é o excesivo consumo de enerxía.
Pif danos unhas pequenas nocións do que é a enerxía, o útil que é para nós e os múltiples usos que lle damos. A medida que vamos descubrindo os seus usos, imos aprendendo como evitar o seu desperdicio: cerrando rápido a neveira e as billas de auga quente, apagando a televisión cando non se vea e o ordenador cando no se use… Con todo isto, podemos contribuír a que a Terra non se poña enferma e aforraremos enerxía. 

Pinchando AQUÍ podedes ver o conto en PDF


Aquí tedes algúns debuxos de como ven os nenos a Pif.




viernes, 7 de febrero de 2020

PLANTANDO ESCAROLAS E REUTIZANDO RODAS

Os nenos de Sisán plantaron escarolas no invernadoiro.



Tamén amorodos, nas rodas que reutilizamos para facer de macetas.








Máis fotos neste ENLACE.

MOITAS PLANTIÑAS DE AMORODOS

Os alumnos de Lois e Ribadumia A, estiveron plantando amorodos no xardín.

LOIS




RIBADUMIA A








Podedes ver máis fotos dos nenos das dúas aulas AQUÍ.

martes, 4 de febrero de 2020

REPOLOS LISTOS PARA COMER

Xa estamos recollendo os repolos e os corazón de boi (ou corazón fado) que plantamos no invernadoiro e, estamos facendo o seu sorteo entre os alumnos das distintas escolas.






Esperamos que preparedes riquísimas receitas con eles.
Se queredes podedes mandar fotos, dos nenos comendo as verduras que levan, ao correo:
Despois colgarémolas no blog.

lunes, 3 de febrero de 2020

KALE E LEITUGAS

Os nenos de Leiro estiveron plantando kale e leitugas no invernadoiro.



Tedes máis fotos neste ENLACE.

O kale é unha hortaliza da familia das coles moi rica en nutrientes e con importantes beneficios para a saúde, o que a levou a ser considerada un superalimento. 
Ten unha elevada proporción de auga na súa composición, e rica en minerais, calcio e ferro. E o seu contido de vitaminas inclúe a C, E, A e K.  


domingo, 2 de febrero de 2020

INIMIGOS DAS PLANTAS

Temos caracois no noso invernadoiro que están comendo as follas dos nosos repolos. 


Como hai moita humidade saen de noite e escóndense cando fai frío ou moito calor. Sabemos que é ese molusco, xa que ao redor dos anacos comidos hai liñas brillantes da súa baba.
Estivemos indo ao invernadoiro para que os nenos puideran ver como están as verduras. E, estando cós alumnos de Ribadumia B, atopamos tres.



Todo isto serviunos para traballar na aula algúns inimigos das plantas e ver os efectos que producen nas plantas.
                                                
                                                      CARACOL


                                                      COCHINILLA 


                                                MOSCA BRANCA


                                                        EIRUGA


                                                       PULGÓN


                                                         SALTÓN