lunes, 19 de diciembre de 2016

SORTEAMOS REPOLOS

 Algúns dos nosos repolos xa medraron e están listos para que os nosos/as alumnos/as poidan levalos as súas casas para comer. 
Estes son os/as nenos/as aos que lles tocou nos sorteos que fixemos polas aulas.




sábado, 10 de diciembre de 2016

2016 ANO INTERNACIONAL DAS LEGUMES

Seguindo co noso proxecto sobre os alimentos, traballamos as legumes.



Estivemos falando de que a Asemblea Xeral das Nacións proclamou o 2016 como o Ano Internacional das Legumes e, designou á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) para que facilitara a súa celebración.
Os obxectivos son desta proposta son:
- Concienciar da súa importancia nas dietas saudables, e a súa contribución á seguridade alimentaria e nutricional.
- Promover o seu valor e utilización na nosa alimentación e, os seus beneficios para a fertilidade do chan.
- Acadar unha maior produción de legumes.

lunes, 5 de diciembre de 2016

A PIRÁMIDE DE ALIMENTOS

Para continuar co noso proxecto sobre os alimentos fixemos unha pirámide. 
Primeiramente, os/as alumnos/as colorearon as letras do mural.



 Despois pintaron as froitas e verduras (estivemos mirando nos libros da nosa biblioteca como eran as súas cores) e escribiron os seus nomes en papeis adhesivos. 
Para rematar, pegáronas no mural diferenciando unhas de outras.



E así está quedando...


A nosa intencion é traballar na aula de natureza cada grupo de alimentos, e a 
continuación poñer os seus debuxos e nomes na pirámide.

lunes, 28 de noviembre de 2016

COLLEMOS AS FLORES DA LAVANDA

Hoxe, os/as nenos/as da aula de Leiro, estiveron collendo as flores da lavanda que temos no noso xardín. 
Agora imos deixar que sequen, para despois facer con elas saquiños aromáticos.

 

sábado, 26 de noviembre de 2016

PROXECTO SOBRE OS ALIMENTOS

Como xa dixemos na entrada do Día Mundial da Alimentación, comezamos cun proxecto sobre os alimentos.  A través del, pretendemos que os/as nenos/as coñezan os nomes dos alimentos (verduras e hortalizas, froitas, legumes...), cales son máis e menos saudables, a piramide de alimentos, os que son bos e malos para os nosos dentes...
Estos son os traballos que estamos facendo...



lunes, 14 de noviembre de 2016

PLANTAMOS PRÍMULAS

Hoxe, os/as alumnos/as de Leiro estiveron plantando prímulas no xardín.


Podedes ver máis fotos AQUÍ.

Na aula de natureza, escribimos o nome da verdura e o lugar onde a plantamos.


O NOSO XARDÍN XA ESTÁ CHEO DE CORES! 

jueves, 10 de noviembre de 2016

XA TEMOS LEITUGAS PARA SORTEAR!

As leitugas que plantamos xa medraron, e estamos facendo o seu sorteo entre 
os/as nenos/as das distintas aulas.





 ESPERAMOS QUE PREPAREN DELICIOSAS ENSALADAS CON ELAS.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

XOGANDO CO SENTIDO DO OLFACTO

Un ano máis e baixo o lema "Novembro mes da Ciencia en galego nas bibliotecas", a Secretaría Xeral de Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos xunto coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pretenden apoiar a presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega. Con este motivo, lévanse a cabo numerosas actividades en todas as biblioteca galegas (se pinchades neste enlace podedes ver o folleto informativo das Bibliotecas Escolares de Galicia).
Este curso 2016-17, as aulas do CRA de Ribadumia súmanse a esta iniciativa realizando experimentos e traballos (podedes velos nos seus blog) cos cinco sentidos. Na aula de natureza, cando traballan coa súa tutora o sentido do olfacto, realizamos xogos coas plantas do noso xardín. Collemos follas de eucalipto, menta, santolina, repolo e limoeiro e flor de lavanda, coñecemos os seus nomes e cheirámolas. 






Despois na aula, cun anteface, intentamos recoñecelas polo cheiro.


Se queredes ver os experimentos e traballos que fan na aula de Leiro
 cos 5 sentidos, pinchade AQUÍ.


 Podedes ver os experimentos e traballos que fan cos cinco sentido na
 aula de Ribadumia B, neste ENLACE.



Os experimentos e traballos que fan na aula de Ribadumia A cos cinco sentidos 
pódedes velos AQUÍ.


Na aula de Sisán tamén fan experimentos e traballos cos cincos sentidos e, podedes 
velos pinchando neste ENLACE.

 Para rematar, nunha folla cada neno/a vai marcando cales considera
 que ulen ben e cales mal.