domingo, 24 de noviembre de 2013

CESAR MANRIQUE E OS XOGUETES DO VENTO

Os alumnos e mestra de natureza do CRA de Ribadumia, queremos facer móbiles para o noso xardín dos sentidos.
Por iso estamos cun proxecto sobre Cesar Manrique que foi un pintor, escultor e arquitecto da illa de Lanzarote defensor do medio ambiente.
Este artista español loitou para que a súa illa non se transformara nun feo centro turístico e, grazas a isto todas as construcións de Lanzarote non poden exceder o tamaño das palmeiras máis altas.
Unha parte importante da súa obra escultórica a constitúen os móbiles, o que el chamaba “Xoguetes do vento”. Son estruturas sólidas, pesadas e de ferro, que están formadas por esferas, círculos, pirámides… e que cos fortes ventos que hai en Lanzarote adquiren movemento. Todas elas están distribuídas por espazos públicos, sobre todo, da súa illa natal.
 


 

Na aula de natureza, estivemos vendo vídeos dos seus xoguetes en movemento.



 Se queredes velos na casa, pinchade neste ENLACE.

Tamén comezamos a traballar o seu nome e apelidos, o lugar onde naceu e as súas profesións.




E estamos elaborando os nosos “xoguetes do vento” utilizando materiais reciclados. Os primeiros que estamos facendo son cos separadores de plástico das carpetas de aneis. Debuxaron con rotuladores permanente caracois, carpas Koi, bolboretas… e tamén calcaron as mans de compañeiros e despois recortáronos.












martes, 19 de noviembre de 2013

SEMENTES DE LEITUGA PARA O INVERNADOIRO


Ao inicio do curso puidemos comprobar que os plásticos do noso invernadoiro estaban rotos.



Falamos con Lidia, do concello, e chegamos a un acordo: o colexio mercaba os plástico e os operarios do concello os poñían.

Xa os compramos e esta semana van a colocalos…


Mentres, nos imos plantando sementes de verduras en macetas para despois, unha vez arranxado, transplantalas ao invernadoiro.
As primeiras foron as de leituga e os encargados os nenos da aula de Sisán.


















Se queredes ver máis fotos, pinchade neste ENLACE.

Dende este blog, queremos dar as grazas ao concello de Ribadumia pola súa colaboración e axuda desinteresada en moitas das actividades do noso centro: axudar a limpar o xardín, arranxar o invernadoiro, custear os autobuses das excursións…