domingo, 30 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz.


Con esta celebración, o que se aprende é evitar calquera forma de violencia e promover a tolerancia, a solidariedade, o respecto e que todos nos comprometamos a utilizar formas pacíficas para resolver os conflitos do día a día.

Na aula de natureza, os nenos estiveron dicindo algunhas accións coas que podemos conseguir a Paz: axudarnos uns a outros, non gritar nin pegar, ser amigos de todos os nosos compañeiros de clase…

Despois, estivemos lendo o conto “El ratón y la montaña”. Esta historia parte da iniciativa dun rato que, movido polo sentimento de culpabilidade, consigue mobilizar a todo o seu entorno, chegando incluso a implicar a unha montaña que é un símbolo da natureza. A pesar dos obstáculos cos que se atopa non se da por vencido, e acaba por solucionar o problema e transmitirnos o importante que é que todos colaboremos para obter resultados.

Na ficha que realizamos para lembrar este día, tamén coloreamos os personaxes deste conto, numerámolos tendo en conta o seu orden de aparición, debuxamos ao neno e aprendemos a facer un rato de forma fácil.


domingo, 23 de enero de 2022

OUTRAS RECEITAS CON BRÓCOLI

Seguimos recibindo fotos dos nosos alumnos comendo o brócoli que lles tocou no sorteo das verduras que plantamos no noso invernadoiro.

Yolanda, a mamá de Lía de Lois, mandounos unha foto da súa filla coméndoo con ovo e patacas.

Lidia, a nai de Xulia de Ribadumia B, enviounos unha foto da súa nena comendo esta verdura con patacas e polo cocido. Ademais escribiunos que dixo que era o mellor brócoli do mundo.

Andrea, a mamá de Carmen Barcala de Ribadumia A, dinos que o fixeron o brócoli con patacas e ovos.

Para que saibamos como realizaron esta receita, aquí tede a Carmen en varios vídeos explicando o proceso.







ENCÁNTANOS VER A XULIA, LÍA E CARMEN COMENDO VERDURAS! 

GRAZAS POLAS FOTOS E VÍDEOS E POR ENSINARNOS AS VOSAS RECEITAS!

OS COGOMELOS

Na aula de natureza, estamos cun proxecto sobre os cogomelos.

A través del, estamos aprendendo: que máis nomes reciben, onde podemos atopalos, cales son velenosos e cales comestibles…



Algúns teñen nomes moi curiosos!

jueves, 20 de enero de 2022

OVOS RECHEOS CON BRÓCOLI E ATÚN

María, a mamá de India de Sisán, mandounos a receita que fixeron co brócoli que lle tocou a súa filla.

“Ovos recheos con brócoli e atún”

Ingredientes:
4 ovos
1 cenoria
1 brócoli
1 lata de atún
Maionesa
Queixo cremoso (opcional)

Preparación:

Primeiro limparon e cortaron as verduras.

A continuación puxeron auga con sal nunha tarteira a ferver, e botaron as verduras, os ovos e a cenoria durante 15 minutos aproximadamente.

Cando estiveron cocidos retiraron os ovos quitáronlle a casca, e partíronnos pola metade separando as claras das xemas.
Despois mesturaron as verduras cocidas e brandiñas coas xemas, a cenoria e o atún.


Unha vez todo estivo esmagado e uniforme, botaron un pouco de maionesa e revolveron. Deste xeito, xa temos listo o recheo e só queda poñelo en cada metade dos ovos.

Na casa de India, botáronlle un pouco queixo cremoso e despois metéronnos uns minutos no forno. Pero dinos María, que tamén podedes poñelos na neveira e servir fríos adornados con olivas ou en ensalada.


QUE COCIÑEIRA ESTÁ FEITA INDIA!!

MOITAS GRAZAS POLA RECEITA!!

TEÑEN QUE ESTAR RIQUÍSIMOS ESTES OVOS RECHEOS!! 

domingo, 16 de enero de 2022

TEMOS BRÓCOLI!

O brócoli xa está listo para que os nenos o leven as súas casas e preparen riquísimas receitas coas súas familias.

Estamos desexando ver eses deliciosos pratos!!

TALLER DE ARQUITECTURA

Este venres, 14 de xaneiro, recibimos a visita da arquitecta Elena Belgrano que é a coordinadora de Educohabitar.

Explicoulles aos nenos que os animais xa existían antes que nós, e por iso teñen moita experiencia construíndo. Os humanos aprendemos das súas técnicas de construción e usamos tamén a maioría dos seus materiais: os topos escavan, as termitas e as cegoñas apilan, as abellas modelan, as arañas fían e os paxaros tecen e cosen.




Despois con palitroques e conectores de silicona, convertéronse en arquitectos construíndo unha casa, un pozo...







Esta actividade permitiulles traballar en grupo ao ser todos parte activa da produción. Tamén descubriron que a través da colaboración pódense ir resolvendo os problemas que van xurdindo.