Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA PAZ. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de enero de 2025

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Na aula de natureza, estivemos vendo o logo da paz e tamén algúns símbolos como a pomba cunha ramiña de oliveira, as mans pintadas de branco (xa que a cor asociada a esta data e o branco)...

A continuación preguntámoslle aos nos@s alumn@s que significa para eles a palabra paz e cal será a razón de conmemorar esta data. As respostas que máis deron foron: para que non pelexemos, compartamos e axudemos aos demais e para que non haxa guerras.


Despois estivemos lendo un precioso conto títulado “La última avellana” que   conta como Tim e Teo, dos animais que son amigos, enfádanse cando dunha cunca de abelás que comparten desaparece a última.

Con esta lectura o que tratamos de transmitirlles é o importante que é a amizade e aprender a compartir.


Para rematar os nenos escribiron esta data e o que celebramos e debuxaron aos dos amigos (un esquío e un coello) coa axuda do libro “Como dibujar animales”.

martes, 30 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA NO VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, é o Día da Paz.

Na aula de natureza, estivemos falando de que é o que se pretende con esta conmemoración: que as persoas se respecten, axuden e non pelexen, que non haxa guerras...

Para traballar este día, estivemos contando dous contos nos que os animais compórtanse de xeito solidario uns con outros.


“Carta en el bosque” de Susana Isern (editorial Cuentos de Luz). Nesta historia, hai un carteiro nun bosque que entrega cartas con propostas de reconciliación, de cariño, para atopar a mellor maneira de convivir… Os animaliños descubrirán que o autor delas é o propio carteiro e quererán agradecerllo cunha grande aperta.


“Un hogar para Carlota” de Jo Clegg (editorial Blume). Narra como unha gaivota que viven na cidade, queda sen fogar cando unha brigada de limpeza o destrúe. A partir dese momento, comezará a busca dunha nova casiña coa axuda dun can, un gato e un rato.



lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz.

Na aula de natureza estivemos falando das cousas que podemos facer a favor da convivencia pacífica e contra a violencia.

Pero tamén queriamos facer referencia ao medio ambiente, xa que un mundo en paz debe ser un mundo saudable, libre de contaminación, onde se respecte a natureza e no que todos xuntos loitemos contra a deforestación, a extinción das especies e o cambio climático. Por iso, estivemos lendo o conto “Salvaje” de Emily Hughes que pretende volver a conectarnos coa natureza. Nel a protagonista, aínda que non ten nome propio, é un ser libre con carácter e forza que ten intacto todo o que a humanidade foi perdendo polo camiño da evolución: a casa no bosque, a vexetación como cama e os animais como familia. Aquí está alegre xa que ninguén a etiqueta, censura, non ten horarios, obligacións, e é aceptada e querida. Pero un día é cazada, e sen preguntarlle lévana cos humanos que a xulgan, critican e intentan impoñerlle costumes e leis.

A mensaxe deste conto, é que debemos ser conscientes da nosa conexión coa natureza e non debemos rompela nunca. 

Para rematar realizamos unha ficha, coa que celebrar este día e recordar este conto. Nela,  coloreamos os animais que son os mestres desta nena e lle ensinan a falar, cazar e xogar.

domingo, 30 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz.


Con esta celebración, o que se aprende é evitar calquera forma de violencia e promover a tolerancia, a solidariedade, o respecto e que todos nos comprometamos a utilizar formas pacíficas para resolver os conflitos do día a día.

Na aula de natureza, os nenos estiveron dicindo algunhas accións coas que podemos conseguir a Paz: axudarnos uns a outros, non gritar nin pegar, ser amigos de todos os nosos compañeiros de clase…

Despois, estivemos lendo o conto “El ratón y la montaña”. Esta historia parte da iniciativa dun rato que, movido polo sentimento de culpabilidade, consigue mobilizar a todo o seu entorno, chegando incluso a implicar a unha montaña que é un símbolo da natureza. A pesar dos obstáculos cos que se atopa non se da por vencido, e acaba por solucionar o problema e transmitirnos o importante que é que todos colaboremos para obter resultados.

Na ficha que realizamos para lembrar este día, tamén coloreamos os personaxes deste conto, numerámolos tendo en conta o seu orden de aparición, debuxamos ao neno e aprendemos a facer un rato de forma fácil.


sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

A Organización das Nacións Unidas declarou o 2021 como o Ano Internacional da Paz e da Confianza, co fin de promover o entendemento e cooperación entre as Nacións. Hoxe, día Escolar da Non Violencia e a Paz, queremos ensinarvos as actividades desenvolvidas na aula de contribuír a lograr ese obxectivo.

Primeiro estivemos lendo o conto “Mi espacio propio” de Pippa Goodhart. Nel, o coello protagonista quere un espazo para el só no que lle deixen ler tranquilo, no que haxa silencio e non lle interrompan.  Por todo isto, limita unha zona cunha liña vermella que non permite que ninguén a traspase. Pero ao final dáse de conta de que estar cos demais tamén é bo.

A través desta lectura o que se pretende é ensinar aos nenos que temos que saber convivir, non só as persoas unhas con  outras senón tamén cos animais que nos rodean. Por isto, estivemos falando de que temos que ser amigos de todos, axudarnos, resolver os conflitos sen pegarse nin gritar, saber escoitar, coidar ás mascota e non maltratalas nin abandonalas… Despois escribiron o título do conto e buscaron algunhas palabras representativas deste día.

Para rematar as actividades desta conmemoración, tamén fixemos un mural ao que puxemos por título “Temos que convivir todos”. Para confeccionalo, os alumnos debuxaron nenos e nenas que pegamos unidos facendo un círculo. Tamén fixeron animais domésticos, utilizando o libro “Como dibujar animales” de Susaeta, e puxémolos no centro. Desta forma queremos representar que debemos convivir en paz e en harmonía os uns cos outros




miércoles, 29 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Mañá, 30 de xaneiro, é o Día da Paz.


Para celebralo, na aula de natureza, estivemos lendo dous contos que falan do respecto ao medio ambiente e aos animais que nos rodean.
“A árbore da escola”. Esta historia, conta a relación dun neno e unha árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.


“Olivia y las plumas”. A nena deste conto e especial, xa que ten o don de comunicarse cos animais. Un día uns peixes, que ven que o seu hábitat esta ameazado, pídenlle axuda e ela fará todo o posible por conseguir o que lle piden (que neste caso son plumas). 
Olivia demostra aquí, non só o valor da amizade senón tamén o importante que é crer nas posibilidades dun mesmo e comprobar que a constancia e a paciencia logran que poidamos acadar o que nos propoñemos.



martes, 29 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

Mañá, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz.


Na aula de natureza estivemos falando de que cousas podemos facer para que haxa paz, e os nenos dixeron: ser amigos, axudarnos uns a outros, non tirar lixo, non queimar os bosques, non pelexar nin pegar, non pegar nin abandonar aos animais…


Despois lemos o conto de Kalandraka “Nadarín”. Esta historia fala de que hai que superar os medos propios, ter forza de vontade para disfrutar do que temos ao redor pese ás adversidades que se presenten, ser solidario cós demais… Pero a súa mensaxe principal é, que “a unión fai a forza”. 




Como no C.R.A de Ribadumia este curso 2018-19 temos un proxecto anual sobre o circo decidimos poñernos narices de pallaso e sorrir, como desexo de Paz para todo o mundo.
Neste ENLACE podedes ver o vídeo que fixo a mestra Olalla (de TIC e Educación Física) con todas as fotos dos sorrisos de mestres e alumnos. Para a música utilizouse a canción “sonrisas” do grupo “Sueño de Morfeo”

lunes, 30 de enero de 2017

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

 Na aula de natureza, para celebrar o día da Paz, traballamos o conto "Wangari y los árboles de la Paz". Tamén estivemos falando sobre todas as cousas que fixo Wangari Muta Maathaie, a protagonista do libro, para coidar o medio ambiente. 


Aqui tedes, unha pequena mostra de como ven os/as nenos/as a Wangari.



Despois, para rendirlle unha pequena homenaxe e poñer en práctica as súas ensinanzas, cada aula plantou a súa árbore froiteira no noso xardín. Debido as condicións meteorolóxicas algunhas clases aínda non realizaron esta actividade, pero tamén o farán no momento en que o tempo nolo pemita.

 RIBADUMIA B PLANTANDO UN MARMELEIRO





LOIS PLANTANDO UN CAQUI






Consideramos que esta actividade é unha moi boa forma de facerlle chegar aos nosos alumnos unha mensaxe tan importante como é o coidado dos nosos bosques.

miércoles, 25 de enero de 2017

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ



Na aula de Natureza, para conmemorar o día da Paz, estamos traballando o conto "Wangari y los árboles de la Paz". Wangari Muta Maathaie, foi unha activista medioambiental coñecida como "a muller árbore". Recibiu o Premio Nobel da Paz de 2004, pola seu labor en defensa da natureza e a potenciación do traballo da muller. Grazas a ela, plantáronse máis de 40 millóns de árbores en Africa. 
Tamén imos plantar, no noso xardín, 5 árbores froiteras (unha por aula) para continuar coa súa misión de vestir a terra de verde.