Mañá, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz.
Na aula
de natureza estivemos falando de que cousas podemos facer para que haxa
paz, e os nenos dixeron: ser amigos, axudarnos uns a outros, non tirar lixo, non queimar
os bosques, non pelexar nin pegar, non pegar nin abandonar aos animais…
Despois lemos o conto de Kalandraka “Nadarín”. Esta historia fala de que hai que superar
os medos propios, ter forza de vontade para disfrutar do que temos ao redor pese ás adversidades que se presenten, ser solidario cós demais… Pero a súa mensaxe
principal é, que “a unión fai a forza”.
Como
no C.R.A de Ribadumia este curso 2018-19 temos un proxecto anual sobre o circo
decidimos poñernos narices de pallaso e sorrir, como desexo de Paz para todo
o mundo.
Neste
ENLACE podedes ver o vídeo que fixo a mestra Olalla (de TIC e Educación Física)
con todas as fotos dos sorrisos de mestres e alumnos. Para a música utilizouse
a canción “sonrisas” do grupo “Sueño de Morfeo”
No hay comentarios:
Publicar un comentario