Esta
semana, estivemos lendo o conto “Caramulo
e a carpinteira dos soños” de Anxo Moure.
Este libro pretende ser unha
homenaxe ás persoas que construían xoguetes de madeira, representadas no vello Xepeto.
Caramulo, naceu dunha árbore autóctona, das que predominan nos nosos bosques.
Grazas a Fernanda, unha carpinteira, converterase nun cabaliño de madeira con
vida propia que terá como misión axudar a Teixo e Xacía (dous nenos) para que a
xente se conciencie de que hai que deixar de contaminar a terra, tirar lixo nos
ríos, armar guerras, queimar os bosques…
Estes
son algúns debuxos de Caramulo, que fixeron os nosos alumnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario