lunes, 4 de febrero de 2019

CANTAS ACTIVIDADES!

Hoxe, luns 4 de febreiro, tivemos unha xornada escolar onde os alumnos do CRA de Ribadumia asistiron á escola de Sisán para realizar durante a mañá moitas actividades.
Primeiramente veu “Atomillo” para falarnos das RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos). Vimos un vídeo onde os bolechas explicáronnos cales son os aparellos eléctricos e electrónicos. Contáronnos que cando se rompen hai que arranxalos, e se non se pode levalos ao punto limpo ou á tenda onde compramos o novo. Tamén veu EcoBraulio, superheroe da reciclaxe dos RAEE, para dicirnos que temos que formar un gran batallón da reciclaxe para defender o Planeta da contaminación, do abuso dos recursos naturais e das malas prácticas que poñen en perigo o noso medio. 
De regalo deixaron para cada neno un caderno de actividades e unha unidade didáctica dos Electrecos, un conto, unha pegatina, consellos para reciclar estes residuos e un carné de socio do movemento RAEE dos bolechas.


Despois viñeron dos cociñeiros de Ponlle as Pilas ao teu Bocata (xa que este ano volvemos a formar parte do programa Aliméntate Ben). Explicáronnos a importancia de comer peixe e, os alumnos, puideron ver como o atún, a sardiña e o mexillón falaban de todas as vitaminas que poden aportarnos se os comemos. Trouxeron unhas gafas máxicas, coas que os nenos puideron ver como se collen os percebes. Despois elaboraron para os rapaces bocadillos a base de conservas, combinados con queixo e distintos vexetais (leituga, tomate, millo…). 
Agasalláronnos cun recetario de bocadillos, un chaveiro e unha viseira para cada un.



Para finalizar, tivemos a visita de tres hixienistas dentais que faláronnos do rato Pérez, que temos na boca (dentes, lingua, labios…) e para que serve (beber, comer, rir…), que é o que debemos e non debemos de comer para non ter caries, como se limpan os dentes. Tamén miraron os cepillos que trouxeron os nenos das casas para comprobar se había que cambialos ou estaban ben. 
Lembráronnos que hai que lavar os dentes tres veces ao día ( despois de almorzar, xantar e cear) e, para que o poideran rexistrar, déronlles un calendario de dentes (onde teñen que pintar un cadrado cada vez que os lavan).
Tamén trouxeron de regalo un cepillo e unha pasta de dentes para cada alumno e un conto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario