Os
avós van ser os protagonistas. Queremos darlles a importancia que merecen, xa
que consideramos que asumen moitas veces os labores de coidado, acompañamento e
educación dos seus netos. A nosa intención é a de establecer lazos de unión
entre estas dúas xeracións (avós e netos) xa que, aínda que cronoloxicamente están
distantes, encóntranse afectiva e sentimentalmente moi próximas.
Neste
caderno viaxeiro, atoparemos unha
primeira folla na que as familias terán unha pequena explicación do motivo da súa
realización e que é o que pretendemos que fagan nas casas.
Despois,
veñen as follas para cubrir (dúas por familia):
Nunha
hai un sobre con 4 papeliños (para que poidan participar todos os avós que queiran).
En cada unha terán que poñer o seu nome e o do seu neto, e despois contarnos
algunha afección que teñan (coleccionar, tocar instrumentos, cantar, realizar algún tipo de
xogo…), algo relacionado co seu traballo ou que cousas lles gusta facer
(xardinería, contar contos, pintar, cociñar…).
Na
outra, pegarán algunha foto cos seus netos realizando calquera destas actividades,
cousas que fagan xuntos habitualmente ou simplemente posando. Aquí tamén poden
poñer textos acompañando ás fotos.
Unha
vez que devolvan o caderno, a nosa intención e que vaian vindo á escola e
compartan connosco todas estas experiencias, actividades, anécdotas…, que describen.
Deste xeito, os nenos valorarán e respectarán aos seus avós e coñecerán, de
primeira man, as súas vivencias.
Se hai algún bisavó que queira participar, tamén será benvido
No hay comentarios:
Publicar un comentario