jueves, 29 de junio de 2023

BO VERÁN!

Remata este curso 2022-23, e dende a aula de Natureza desexamos a toda a nosa comunidade educativa unhas boas vacacións de verán.

A Sofía Blanco, Martín, Lois, Nicolás, Mateo, India, María, Noa Lede, Farah, Amalia, Lía e Sofía Vila, como rematan esta etapa de Educación Infantil e inician a de Primaria, quero mandarlle moitos bicos e apertas e desexarlles que todo lles vaia moi be no seu novo colexio e fagan moitos amigos.

ESPERAMOS AS VOSAS VISITAS PARA CONTARNOS O BEN QUE O PASADES NO NOVO COLEXIO!!

martes, 20 de junio de 2023

CANTAS COUSAS CON MATERIAL REUTILIZADO!!


Temos que das as grazas as nosas familias pola implicación no noso caderno viaxeiro  “Dándolle unha nova oportunidade ao lixo”.

RECIBIMOS COUSAS MOI ORIXINAIS!!

Dende a aula de natureza, consideramos que é moi importante que dende pequenos comecemos a espertar o interese dos nosos nenos polo coidado e protección do medio ambiental, xa que o destino do noso Planeta está nas mans desta nova xeración.  

Aquí tedes máis cousas que mandaron ao noso correo…

Brais, de Leiro, realizou un xogo de pesca para o que usou unha caixa de cartón, paus de brocheta, corda, imáns, restos de feltro e goma eva e pegatinas.

Chloé, de Sisán, fixo unha “sabana africana secreta” con cartón, tubos de papel hixiénico, palliñas e témpera sólida. 


Valentina, de Ribadumia A, elaborou un peto, un cadro e un xardín con anacos de tea de sacos de patacas e cebolas, lata de millo, cartón, tapas de botellas, caixas de galletas, botella de leite e follas de xornal.

Jose, de Sisán, utilizou un bote de Nesquik , depresores de madeira e pegatinas publicitarias para facer un peto.



Paula, de Leiro, cunha botella de auga, un cartón de leite, goma eva e pegatinas confeccionou dúas cestiñas.

Alma, de Ribadumia B, realizou unha galiña, un floreiro, flores e un verme utilizando tapas de botellas e un cartón de ovos.

Manu, de Ribadumia B, elaborou un acuario, un barco pirata, unha guitarra e unha batería. Para todo isto, usou cartón, botella de plástico, madeira, fío de pesca, paus de xeado, cubos de pintura e unha tarteira.

Mar, a mamá de Manu, tamén mandounos ao correo un vídeo do seu fillo tocando a batería feita con material de refugallo.



ANIMÁDEVOS A FACELAS!!

HAI MOITO LIXO AO QUE PODEMOS DAR UNHA SEGUNDA VIDA!!


lunes, 19 de junio de 2023

LAPIS CON SEMENTES

Xana, a mamá de Noel, trouxo un lapis para cada neno da aula de Leiro (onde está o seu neno) feito con papel reciclado e que teñen unha cápsula verde con sementes de alfábega (albahaca).

Como tiñamos na escola vasos que gardamos das festas, cada neno escribiu o nome desta planta aromática, despois pegámolo. Así poderán sementalas nel nas casa. 



MOITAS GRAZAS XANA!!

viernes, 16 de junio de 2023

PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE

O 13 de xuño realizamos unha saída ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Como este curso realizouse un proxecto anual sobre a Prehistoria, esta foi a excursión que fixemos de fin de curso.

Alí, coa nosa monitora Carla, comezamos o noso percorrido onde…

Vimos as árbores do Parque e, entre elas puidemos observar que non había eucaliptos xa que consumen moita auga e deixan sen ela a outras especies.


Tamén nunha delas puidemos observar que había niños de morcegos.

Ensináronnos un labirinto prehistórico ao que non puidemos entrar xa que tiña pozas de auga da choiva que caeu pola noite.

Observamos con son os petróglifos feitos de granito e onde debuxaban rascando cunha pedra. Hai un que non tocamos, xa que tiña máis de 4000 anos e podía deteriorarse.



Despois fomos a un poboado da idade de bronce e Carla contounos moitas cousas sobre el… que sempre construían un cercado ao redor, que ás casas chamábanlle cabazos  e estaban feitas de pallabarro e que nelas vivían dous anos e despois marchaban a outro lugar para facer outras.




A continuación entramos no museo onde a nosa monitora contounos a historia de Landra, unha nena á que lle encantaba pintar e que vivía nunha casa de pallabarro cos seus pais, irmá e un can chamado Xesta. Para debuxar o que utilizaba era polvo de carbón.  


Despois desta lectura merendamos…

Para rematar a mañá, tivemos un obradoiro de sementes onde:

Plantamos unha faba nun vasiño de cartón. Primeiramente os nenos envolvérona en barro para que non a coman os paxaros.

Moeron millo miúdo nunha roca e desfacéndoo cunha pedra como se facía antes. Unha vez que acabaron, Carla peneirouno para que só quedara a fariña.


QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDEMOS!!

sábado, 10 de junio de 2023

CREMA DE ACELGAS

Xana, a nai de Noel de Leiro, enviounos ao noso correo unhas fotos do seu fillo comendo unha crema de acelgas con esta verdura, do noso invernadoiro, que lle tocou.

AQUÍ O TEDES TAMÉN AXUDANDO A PREPARAR ESTA RECEITA!

E AO REMATAR DE COMER TAMÉN AXUDOU A LAVAR A LOUZA!!

BRAVO POR NOEL!

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!

QUE RICA TEN QUE ESTAR ESTA CREMA!

lunes, 5 de junio de 2023

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe, 5 de xuño, é o día do Medio Ambiente.

Na aula de natureza do CRA de Ribadumia, estivemos contando dous contos.


“Laura e compañía respectan o medio ambiente”
de Carmina del Río y Laura López (editorial Salvatella). Nel, esta nena e os seus compañeiros tratan de concienciarnos da importancia de respectar o medio ambiente a través de accións que podemos facer para coidalo.


“El pequeño jardinero” de Emily Hughes (editorial impedimenta). O protagonista desta historia de un pequeno xardineiro, que coida un xardín con moita dedicación. Pero a pesar de todo o esforzo e cariño que pon, debido ao seu tamaño diminuto, non consigue os resultados esperados e comeza a dubidar das súas capacidades. Traballa sen pausa día e noite e o traballo o supera. Así que un día, antes de deitarse, decide pedir un desexo á lúa: necesita axuda… E neste caso, os soños cúmprense. Este conto, trata de mostrarnos a perseveranza e o entusiasmo deste xardineiro por coidar e preservar o seu xardín. 

Nós, no CRA de Ribadumia tamén somos conscientes da necesidades de inculcar aos nenos, dende pequenos, que temos que coidar o medio ambiente. Por iso, facemos con eles (e explicamos os beneficios que supón realizalo) moitas cousas para protexelo e que, deste xeito, a medida que vaian medrando sigan facéndoo.