viernes, 16 de junio de 2023

PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE

O 13 de xuño realizamos unha saída ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Como este curso realizouse un proxecto anual sobre a Prehistoria, esta foi a excursión que fixemos de fin de curso.

Alí, coa nosa monitora Carla, comezamos o noso percorrido onde…

Vimos as árbores do Parque e, entre elas puidemos observar que non había eucaliptos xa que consumen moita auga e deixan sen ela a outras especies.


Tamén nunha delas puidemos observar que había niños de morcegos.

Ensináronnos un labirinto prehistórico ao que non puidemos entrar xa que tiña pozas de auga da choiva que caeu pola noite.

Observamos con son os petróglifos feitos de granito e onde debuxaban rascando cunha pedra. Hai un que non tocamos, xa que tiña máis de 4000 anos e podía deteriorarse.



Despois fomos a un poboado da idade de bronce e Carla contounos moitas cousas sobre el… que sempre construían un cercado ao redor, que ás casas chamábanlle cabazos  e estaban feitas de pallabarro e que nelas vivían dous anos e despois marchaban a outro lugar para facer outras.




A continuación entramos no museo onde a nosa monitora contounos a historia de Landra, unha nena á que lle encantaba pintar e que vivía nunha casa de pallabarro cos seus pais, irmá e un can chamado Xesta. Para debuxar o que utilizaba era polvo de carbón.  


Despois desta lectura merendamos…

Para rematar a mañá, tivemos un obradoiro de sementes onde:

Plantamos unha faba nun vasiño de cartón. Primeiramente os nenos envolvérona en barro para que non a coman os paxaros.

Moeron millo miúdo nunha roca e desfacéndoo cunha pedra como se facía antes. Unha vez que acabaron, Carla peneirouno para que só quedara a fariña.


QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDEMOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario