jueves, 27 de noviembre de 2014

QUE SERÁ?

Na aula de natureza estamos facendo algo para poñer no noso xardín.
Este é o material que estamos utilizando…


Adiviñades de que se trata?

miércoles, 26 de noviembre de 2014

LIMPANDO O XARDÍN

Os nenos de Ribadumia B, estiveron quitando as malas herbas dun dos parterres que temos no noso xardín para poder plantar nel. 




BRÓCOLI

Esta rica hortaliza, que pertence ao grupo das “ flores “, foi a que estiveron plantando os nenos de Leiro no invernadoiro.


 Despois na aula, traballamos o nome desta hortaliza e o lugar onde a plantamos.


Máis fotos pinchando AQUÍ.

Xa temos o invernadoiro cheo de hortalizas!. 
Agora a esperar que medren, para facer o seu sorteo entre os nenos das distintas aulas e, despois seguir plantando máis.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

REPOLOS E COLIFLOR

Os alumnos de Ribadumia B estiveron plantando no invernadoiro repolos. 
Esta hortaliza pertence ao grupo das “ follas “, xa que é a parte da planta que comemos.











Podedes ver máis fotos AQUÍ.

E os nenos de Lois estiveron plantando  no invernadoiro coliflor.
Que pertencen ao grupo das “ flores “ , por ser esta a parte que nos comemos.












 Máis fotos neste ENLACE.
  
Despois de plantar, traballamos na aula o nome das hortalizas e o lugar onde as plantamos.



CLASIFICACIÓN DAS HORTALIZAS

Estamos aprendendo a que grupo pertencen algunhas hortalizas, segundo a parte da planta que é comestible.


miércoles, 12 de noviembre de 2014

PROXECTO: AS HORTALIZAS

Na aula de natureza xa comezamos a traballar as hortalizas.
Estivemos conversando sobre o importante que é consumilas, xa que son un alimento moi nutritivo que ademais contribúe a hidratar o noso organismos debido ao seu alto contido de auga.
Despois de facer a portada deste proxecto, falamos sobre a súa clasificación atendendo a parte da planta que comemos.

jueves, 6 de noviembre de 2014

A NOSA PARTICULAR SELVA AMAZÓNICA

Nas aulas do CRA de Ribadumia están traballando o conto " Cartas de Felix o explorador ". A través das misivas que Felix (a lebre protagonista) envía a súa amiga Sofía, os alumnos están coñecendo moitas cousas dos países que vai percorrendo.
Este curso iniciouse coa súa visita “ A Selva Amazónica “. Mestres e alumnos, cos libros da nosa biblioteca e o material que aportan as nosas familias, estamos coñecendo moitas cousas desta rexión de América do sur (animais, plantas, froitos…).
Para colaborar con este proxecto, na aula de natureza decidimos transformar a nosa biblioteca nunha "pequena Selva Amazónica"…
Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos:
   -Para entrar na biblioteca elaboramos unha cortina de lianas con follas de cartolina pintadas polos nenos.



           -Polo teito colgamos lianas nas que penduramos follas e animais da Selva Amazónica.


        -Ensinamos aos alumnos a debuxar animais desta rexión paso a paso. Despois pintáronos e cada un pegou o seu nun mural da selva realizado en papel continuo.















Se queredes ver os traballos que se están realizando no CRA de Ribadumia sobre A Selva Amazónica, pinchando AQUÍ tedes na dereita os enlaces aos blogs das aulas.