jueves, 6 de noviembre de 2014

A NOSA PARTICULAR SELVA AMAZÓNICA

Nas aulas do CRA de Ribadumia están traballando o conto " Cartas de Felix o explorador ". A través das misivas que Felix (a lebre protagonista) envía a súa amiga Sofía, os alumnos están coñecendo moitas cousas dos países que vai percorrendo.
Este curso iniciouse coa súa visita “ A Selva Amazónica “. Mestres e alumnos, cos libros da nosa biblioteca e o material que aportan as nosas familias, estamos coñecendo moitas cousas desta rexión de América do sur (animais, plantas, froitos…).
Para colaborar con este proxecto, na aula de natureza decidimos transformar a nosa biblioteca nunha "pequena Selva Amazónica"…
Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos:
   -Para entrar na biblioteca elaboramos unha cortina de lianas con follas de cartolina pintadas polos nenos.



           -Polo teito colgamos lianas nas que penduramos follas e animais da Selva Amazónica.


        -Ensinamos aos alumnos a debuxar animais desta rexión paso a paso. Despois pintáronos e cada un pegou o seu nun mural da selva realizado en papel continuo.















Se queredes ver os traballos que se están realizando no CRA de Ribadumia sobre A Selva Amazónica, pinchando AQUÍ tedes na dereita os enlaces aos blogs das aulas.

2 comentarios: