sábado, 23 de diciembre de 2017

FESTA DE NADAL

O 21 de decembro celebramos a festa de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Durante a mañá, fixemos un adorno de Nadal, tivemos contacontos, vimos pequenas películas relacionadas con estas datas, merendamos, viñeron Kids & Us para facernos unha pequena representación, cada aula realizou a súa actuación e todos xuntos cantaron e bailaron unha cantiga que prepararon coa profe Olalla de música. Para rematar, recibimos a visita do Apalpador. Este personaxe mítico galego, vive na Debesa do Caurel e baixa no Nadal das montañas para entrar nos cuartos dos nenos, pálparlles a barriguiña para ver se están ben alimentados e déixalles un xoguete de madeira feito por el e unha presa de castañas. Asistiu a nosa festa, para recoller as cartas nas que os alumnos lle piden algún xoguete de madeira para o colexio. 









BO NADAL

lunes, 18 de diciembre de 2017

SORTEAMOS AS LEITUGAS QUE PLANTAMOS

As leitugas que plantamos no noso invernadoiro xa medraron e están listas para comer.
Para que os nenos e as súas familias poidan degustar esta saudable verdura, estamos facendo o seu sorteo entre os nosos alumnos para que as poidan levar ás casas.



martes, 12 de diciembre de 2017

INIMIGOS DAS PLANTAS

Esta semana, na aula de natureza, estamos vendo algúns inimigos das plantas.



Como curiosidades podemos dicir que:
Os pulgóns atacan máis frecuentemente en primavera e outono e, reprodúcense con moita facilidade. Producen danos ao picar co seu estilete os talos e as follas máis xóvenes, debilitando e deformando o seu crecemento e producindo enrolamento nas follas. Excretan unha sustancia azucrada que atrae ás formigas, que fan uso dos pulgóns e os conducen a outras zonas da planta propagando con máis rapidez a praga. Esta sustancia fai que saian fungos na superficie da folla, producindo unha especie de capa negra que dificulta que a planta reciba luz, debilitando o seu cultivo.
As moscas brancas son uns insectos voadores que poden formar auténticas nubes ao axitar as follas das nosas plantas. Trátase dunha praga que pode afectar, gran parte do ano, aos cultivos de invernadoiro e no exterior aos das épocas máis cálidas. Succionan o zume das plantas e ao igual que os pulgóns excretan unha sustancia azucrada que propicia a formación de fungos na folla.

lunes, 4 de diciembre de 2017

AS MASCOTAS DOS NOSOS ALUMNOS

Xa están 5 cadernos viaxeiros, un por aula, percorrendo os fogares dos nosos nenos 
coa intención de coñecer as súas mascotas. 
Cans, gatos tartarugas, galiñas, caracois... son algunhas delas. 
Nesta entrada iremos subindo, pouco a pouco, os animaliños que os nosos 
alumnos teñen nas súas casas.







Na aula de natureza, cada vez que un neno trae o caderno, miramos cal é a súa 
mascota e que cousas conta dela.   

jueves, 30 de noviembre de 2017

ARBUSTOS PARA O XARDÍN

No noso xardín dos sentidos tiñamos o parterre do gusto soamente con amorodos. As verduras plantámolas no invernadoiro, xa que fora quéimansenos coas xeadas. Para solucionar este problema decidimos plantar pequenos arbustos de froitos comestibles: arandeiras, framboeseiros, amoras silvestres, guayabo-fresa...  Así, cando medren poderemos preparar algunhas receitas con eles.  





lunes, 27 de noviembre de 2017

MIMULUS

Os alumnos de Leiro, plantaron mimulus no xardín. Como curiosidades destas flores temos que dicir:
- Tamén recibe o nome de flor-mono, xa que algunhas flores (se as miramos de fronte) teñen a forma da cara dun mono.
- Toda a planta é comestible.
O zume das súas follas utilízase como cataplasma para as queimaduras leves e irritacións da pel. 


Tedes máis fotos neste ENLACE.

sábado, 18 de noviembre de 2017

CINERARIA

Os nenos de Sisán, estiveron plantando no xardín cineraria. 


TEN UNHAS FLORES PRECIOSAS! 
Máis fotos AQUÍ.

jueves, 16 de noviembre de 2017

COL DECORATIVA

Os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando berzas decorativas no xardín. 
Cada vez está máis bonito con todas as flores que estamos plantando.


 Se queredes ver máis fotos, podedes facelo neste ENLACE.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

CADERNO VIAXEIRO

 Con motivo do día dos animais (4 de outubro), na aula de natureza comezamos a traballar en torno ás mascotas. Queremos que os nosos alumnos comprendan que os animais non son xoguetes e que ter un na casa implica certas responsabilidades: alimentala, aseala, levala ao veterinario, sacala de paseo…
 Como todos querían dicirnos que mascotas tiñan, como eran, que facian..., decidimos elaborar un caderno viaxeiro. A nosa intención é, que percorra os fogares dos nosos nenos para que poidan contarnos todas estas cousas.
.

Nel as familias atopan, nunha primeira folla, unha pequena introdución sobre o compromiso que supón ter unha mascota e tamén unha explicación sobre o que pretendemos recoller con este caderno viaxeiro. 


A continuación veñen as follas para cubrir, nas que hai que poñer o nome e apelidos do alumno, que animais teñen, se son adoptados, mercados ou regalados, algunhas peculiaridades deles e a súa foto. Na escola, iremos mostrando cada traballo ao resto do alumnado.


Quero dar as grazas as familias pola súa implicación nesta actividade, os nenos 
están traendo fotos preciosas e historias moi bonitas sobre as súas mascotas.
 En próximas entradas, subiremos ao blog algúns traballos. 

REMOLACHA

Hoxe tocou plantar remolacha, outra hortaliza para o noso invernadoiro. Esta vez os encargados de facelo foron os alumnos de Lois. 


Tedes máis fotos AQUÍ.

martes, 14 de noviembre de 2017

PLANTANDO BRÓCOLI NO INVERNADOIRO

Os nenos de Ribadumia B, estiveron plantando brócoli no invernadoiro. 
Como curiosidades desta verdura temos que dicir que é unha invención do home (foi creada dunha col silvestre) e, os romanos o chamaban "os cinco dedos verdes de Júpiter".


 Máis fotos neste ENLACE.

lunes, 13 de noviembre de 2017

ACELGAS

Os alumnos de Leiro estiveron plantando acelgas no invernadoiro. 


Pinchade AQUÍ para ver máis fotos.
Xa queda pouco espazo libre para acabar de enchelo de verduras. 

domingo, 5 de noviembre de 2017

CONTOS SOBRE MASCOTAS

Na biblioteca de Leiro, estivemos vendo dous contos nos que os protagonistas son as mascotas:
“Un perro en casa” de Nuria Roca. Edit: Edebé. Nel explícannos que ter un can en casa é unha gran responsabilidade na que debe participar toda a familia, incluso os máis pequenos. Hai que levalos ao veterinario, darlles de comer e beber, lavalos, educalos, sacalos a pasear…
“Sultán non ten microchip” de Pepe Carreiro (os Bolechas). Este conto, que podedes ver online, está incluído na campaña promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e, explica aos nenos como e por que debemos identificar ao noso can cun microchip para garantir a súa seguridade e protección. Ademais de difundir o conto, tamén hai unha páxina web, na que os rapaces poden coñecer máis sobre este tema a través de xogos, así como outras actividades que teñen ós Bolechas como protagonistas.


viernes, 27 de octubre de 2017

PRÍMULAS

                                 Hoxe, os alumnos de Sisán estiveron plantando prímulas no xardín. 


                                                  Podedes ver más fotos neste ENLACE.