miércoles, 15 de noviembre de 2017

CADERNO VIAXEIRO

 Con motivo do día dos animais (4 de outubro), na aula de natureza comezamos a traballar en torno ás mascotas. Queremos que os nosos alumnos comprendan que os animais non son xoguetes e que ter un na casa implica certas responsabilidades: alimentala, aseala, levala ao veterinario, sacala de paseo…
 Como todos querían dicirnos que mascotas tiñan, como eran, que facian..., decidimos elaborar un caderno viaxeiro. A nosa intención é, que percorra os fogares dos nosos nenos para que poidan contarnos todas estas cousas.
.

Nel as familias atopan, nunha primeira folla, unha pequena introdución sobre o compromiso que supón ter unha mascota e tamén unha explicación sobre o que pretendemos recoller con este caderno viaxeiro. 


A continuación veñen as follas para cubrir, nas que hai que poñer o nome e apelidos do alumno, que animais teñen, se son adoptados, mercados ou regalados, algunhas peculiaridades deles e a súa foto. Na escola, iremos mostrando cada traballo ao resto do alumnado.


Quero dar as grazas as familias pola súa implicación nesta actividade, os nenos 
están traendo fotos preciosas e historias moi bonitas sobre as súas mascotas.
 En próximas entradas, subiremos ao blog algúns traballos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario