viernes, 30 de abril de 2021

PLANTAS AROMÁTICAS

Comezamos a poñer aromáticas no noso xardín. Os primeiros en facelo foron os alumnos de Sisán, que plantaron alfábegas.


Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ

PERCORRENDO RIBADUMIA EN FAMILIA

Debido ao Covid e aos cerres perimetrais, non temos moitas posibilidades de movernos fora do noso Concello. Por iso pensamos que é un bo momento para abrir os ollos a todo aquilo que nos rodea, a lugares que sempre habíamos mirado pero nos que apenas tivemos tempo de pararnos, ou que sempre pospoñiamos para outro momento. Agora podemos descubrilos tranquilamente, cos nosos fillos, facendo o turismo que máis nos gusta e explorando todos eses paraísos que temos ao lado da casa. 

Esta proposta puxémola en marcha coa chegada da primavera, xa que os días comezan a ser máis largos. Trátase dun caderno viaxeiro, que está indo polos fogares dos nosos alumnos, a través do que animamos a “Percorrendo Ribadumia en familia”.

Tendo en conta que o Concello de Ribadumia dispón dun patrimonio natural y cultural moi rico, no que podemos atopar sendas fluviais, pazos, muíños, xacementos…, dende o C.R.A de Ribadumia queremos que descubrades toda esta riqueza a través deste caderno. Por isto animámosvos a que, aproveitando o bo tempo e os fins de semana, realicedes excursións cos vosos fillos e saquedes fotos para mostrarnos todo o potencial turístico do voso municipio. Na folla que levaron os nenos, unha vez feita a saída, tedes que poñer:

ü  Nome e apelidos do neno.

ü  A onde foron.

ü  Algún comentario do que máis lles gustou, algunha anécdota, porque a recomendarían…

ü  Algunha foto na que apareza o neno (tamén pode ser con membros da familia).

martes, 20 de abril de 2021

TORTILLA DE PATACAS E ACELGAS

María del Carmen, a mamá de Martín Lago de Ribadumia A, mandounos unha foto do seu fillo comendo a tortilla de patacas e acelgas que fixeron con esta verdura que lle tocouno sorteo que realizamos entre os nenos do C.R.A.

QUE CONTENTO ESTÁ MARTÍN COMENDO A

SÚA TORTILLA DE ACELGAS!

ACONDICIONANDO O XARDÍN

Os alumnos de Leiro estiveron limpando o parterre das aromáticas, para poder poñer moitas de estas plantiñas neste terreo.

Nesta tarefa utilizaron carretas, para poder levar as herbas malas e follas secas que quitaban ao composteiro. 

jueves, 15 de abril de 2021

CABACIÑAS

Para acabar de encher o invernadoiro de verduras e hortalizas, os nenos de Ribadumia A estiveron plantando cabaciñas.


Tedes máis fotos neste ENLACE.

martes, 13 de abril de 2021

ABONANDO A TERRA DO NOSO INVERNADEIRO

No C.R.A temos un composteiro no que imos botando as herbas malas do noso xardín, mondas das froitas…

Como xa temos compost, os nenos de Leiro e Lois estiveron colléndoo para botalo no invernadoiro. 








Así, abonando a terra de forma natural, as nosas verduras serán máis sas. 

sábado, 10 de abril de 2021