Debido ao Covid e aos
cerres perimetrais, non temos moitas posibilidades de movernos
fora do noso Concello. Por iso pensamos que é un bo momento para abrir os ollos
a todo aquilo que nos rodea, a lugares que sempre habíamos mirado pero nos que
apenas tivemos tempo de pararnos, ou que sempre pospoñiamos para outro momento.
Agora podemos descubrilos tranquilamente, cos nosos fillos, facendo o turismo
que máis nos gusta e explorando todos eses paraísos que temos ao lado da
casa.
Esta proposta puxémola en marcha coa chegada da primavera, xa que os días comezan a ser máis largos. Trátase dun caderno viaxeiro, que está indo polos fogares dos nosos alumnos, a través do que animamos a “Percorrendo Ribadumia en familia”.
Tendo en conta que o
Concello de Ribadumia dispón dun patrimonio natural y cultural moi rico, no que
podemos atopar sendas fluviais, pazos, muíños, xacementos…, dende o C.R.A de
Ribadumia queremos que descubrades toda esta riqueza a través deste caderno.
Por isto animámosvos a que, aproveitando o bo tempo e os fins de
semana, realicedes excursións cos vosos fillos e saquedes fotos para mostrarnos
todo o potencial turístico do voso municipio. Na folla que levaron os nenos, unha vez feita a saída, tedes que poñer:
ü Nome
e apelidos do neno.
ü A
onde foron.
ü Algún
comentario do que máis lles gustou, algunha anécdota, porque a recomendarían…
ü Algunha foto na que apareza o neno (tamén pode ser con membros da familia).
No hay comentarios:
Publicar un comentario