martes, 27 de octubre de 2015

CANTAS COUSAS SOBRE OS CARACOIS!

Despois de facer os nosos terrarios de caracois, na aula de natureza, estamos aprendendo moitas cousas sobre eles: os nomes das partes do seu corpo, que non teñen ósos e polo tanto son animais invertebrados, que forma ten a súa cuncha e para que lle serve, as funcións dalgunhas partes do seu corpo, como nacen, que comen…

lunes, 19 de octubre de 2015

PROXECTO SOBRE OS CARACOIS

Na aula de natureza, comezamos un proxecto sobre os caracois. A través del, imos coñecer os nomes das partes do seu corpo e a función de cada unha (ver, tocar, protexer, ulir…), que forma ten a súa cuncha e para que serve, como nacen, quen pon os ovos, que comen…
Ata agora, cada neno fixo a portada deste proxecto.


Ao mesmo tempo, mercamos acuarios (un por aula) para convertelos en terrarios e poder criar caracois.
Saímos ao patio para buscar follas, pedras pequenas e grandes, paus…. Botamos terra dentro do acuario, mesturámoslle pedras pequenas e poñemos paus e pedras para que xoguen.
Tamén metemos un vaso pequeno de iogur, de cristal, xa que vai ser onde poñan os ovos. Eles escarvan co pé na terra para depositar os ovos no fondo.
A razón de que sexa un vaso de cristal, é que vimos un vídeo onde explicaban que para a posta de ovos gustábanlles máis os de cristal que os de plástico.  


TERRARIO LEIRO








Máis fotos dos nenos de Leiro AQUÍ.

TERRARIO RIBADUMIA B















Podedes ver máis fotos dos alumnos de Ribadumia B neste ENLACE.

TERRARIO LOIS













Tedes máis fotos AQUÍ.

TERRARIO RIBADUMIA A








  



 

Máis fotos dos nenos de Ribadumia A neste ENLACE.

TERRARIO SISÁN















Máis fotos AQUÍ.