Os
alumnos da aula de Ribadumia A, saíron hoxe ao xardín para plantar un
framboeseiro. Temos que dar as grazas a Estíbaliz, a mamá de Pedro, que foi quen nolo trouxo para que o plantáramos no xardín e puideramos ter ricas framboesas
cando medre.
Para realizar esta actividade estreamos os NOVOS MANDÍS que imos poñer cada vez que saiamos a plantar.
Despois,
na aula de natureza, fixemos unha ficha para lembrar o nome deste arbusto, o do
seu froito e o lugar onde o plantamos.
Despois
fomos ata a nosa abeleira, xa que Sofía dixo que nela había un niño. Esta nena sabía
que estaba alí porque durante o verán ela, a súa irmán Andrea e a súa nai Pilar,
estiveron vindo ao colexio para dar de comer aos peixes que temos no noso
estanque… MOITAS GRAZAS ÁS TRES!
No hay comentarios:
Publicar un comentario