viernes, 27 de octubre de 2017

PRÍMULAS

                                 Hoxe, os alumnos de Sisán estiveron plantando prímulas no xardín. 


                                                  Podedes ver más fotos neste ENLACE.

jueves, 26 de octubre de 2017

REPOLOS

                                             Seguimos plantando máis verduras no invernadoiro. 
                                Esta vez, os encargados foron os nenos da aula de Ribadumia A.
                                                               A hortaliza elixida foi o repolo. 



                                                     Tedes máis fotos neste ENLACE.

miércoles, 25 de octubre de 2017

PLANTANDO NO INVERNADOIRO

Hoxe os alumnos de Lois comezaron a plantar no invernadoiro. A verdura que escollemos foi a leituga. 



                                                          Podedes ver máis fotos AQUÍ.
Lembrade que, como en cursos anteriores, cando medren faremos o seu sorteo entre os nenos do colexio. 

martes, 24 de octubre de 2017

CICLAMEN

                                        Seguimos plantando no xardín para enchelo de flores... 
                   Esta vez, foron os alumnos de Ribadumia B os encargados de plantar ciclamen.


                                                         Máis fotos pinchando neste ENLACE.

lunes, 23 de octubre de 2017

PLANTAMOS VIOLAS

Despois de limpar o xardín, e como esta semana saiu o sol, imos aproveitar para comezar a plantar. 
Os primeiros en iniciar esta tarefa foron os nenos da aula de Leiro, e a planta que eliximos foi a viola.


                                                 Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

miércoles, 18 de octubre de 2017

OS ALIMENTOS

Para celebrar o Día da Alimentación, esta semana estamos traballando cales son bos ou malos para a nosa saúde. 
Primeiramente vimos o vídeo "Teo y los alimentos", para responder a cuestións habituais que plantexan os nenos en relación cos alimentos: ¿Hai que comer todo o que non nos guste?, ¿Por que non debemos comer moitas lambetadas?, ¿Por que é importante alimentarse? ¿De que se alimentan os animais?... A través dunha serie de situacións propias da vida cotiá, todas estas preguntas teñen resposta para os nosos fillos.
Despois, para saber cales son máis e menos saudables, utilizamos as cores dun semáforo. Verde os máis recomendables, amarelo os que hai que comer pero non todos os días e vermello os que case non debemos consumir.


sábado, 14 de octubre de 2017

DÍA DA ALIMENTACIÓN

                          Este luns, 16 de outubro, celebramos o Día Mundial da Alimentación
Esta data, pretende recordar o nacemento da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) en 1945. Máis de 150 países de todo o mundo, organizan eventos neste día para lembrar o importante que é que todos xuntos loitemos contra a fame e nos aseguremos de que todas as persoas teñan suficientes alimentos para levar unha vida activa e saudable. 
O lema deste ano é "Cambiar o futuro da migración. Inverter en seguridade alimentaria e desenvolvemento rural". Un mundo libre de fame e pobreza é a finalidade. 


A vindeira semana, na aula de natureza, imos a falar sobre os alimentos, os que son saudables e os que non, de cales debemos tomar máis cantidade e de cales menos... O que pretendemos é que os nosos alumnos lle den á comida a importancia que se merece. Todos os traballos que realicemos, iremos subíndoos ao blog.

viernes, 13 de octubre de 2017

LIMPANDO O XARDÍN

Esta semana, na aula de natureza, estivemos quitando as malas herbas que medraron durante o verán. Necesitamos que este limpo para poder enchelo de plantas e flores.

                               Primeiramente puxemos as luvas para non manchar as mans. 


                                          Despois os mandís, para manter limpa a nosa roupa. 



                     Seguidamente empezamos a traballar, enchendo as carretas coas herbas malas. 
               Despois botámolas na composteira, para facer abono para as nosas plantas e verduras.


lunes, 2 de octubre de 2017

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O mércores, 4 de outubro, é o Día Mundial dos Animais. Na aula de natureza, imos a aproveitar esta conmemoración para falar das mascotas e a importancia de coidalas e protexelas. 
Ter unha mascota na casa, implica certas responsabilidades: alimentalas, asealas, levalas ao veterinario, vacinalas, sacalas a pasear e tratalas ben. Non son xoguetes, son seres vivos e deben ser tratados con respecto e cariño. 
Neste ENLACE, tedes a Declaración Universal dos Dereitos do Animal aprobada pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e a ONU (Organización das Nacións Unidas). 
Nós, na escola, estivemos lendo o conto "Bienvenido a casa, Max!" da Fundación Affinity. A través del, intentan ensinar aos nenos a responsabilidade que implica ter un animal de compañía. Queremos que vos animedes a entrar na súa páxina, onde podedes atopar moitos artigos e vídeos sobre adopción, abandono de animais, como coidalos, o vínculo que hai entre eles e os rapaces etc...
                   Pinchando na imaxe da portada do conto, podedes descargalo para velo e lelo.


Tamén traballamos a importancia deste día, que é o que celebramos, escribimos o título do conto, coloreamos a Ana (a nena protagonista) e Max (o can que adopta) e aprenderon debuxar un can de forma sinxela.





                LEMBRADE QUE TEMOS QUE COIDAR AOS NOSOS AMIGOS OS ANIMAIS!