lunes, 2 de octubre de 2017

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS

O mércores, 4 de outubro, é o Día Mundial dos Animais. Na aula de natureza, imos a aproveitar esta conmemoración para falar das mascotas e a importancia de coidalas e protexelas. 
Ter unha mascota na casa, implica certas responsabilidades: alimentalas, asealas, levalas ao veterinario, vacinalas, sacalas a pasear e tratalas ben. Non son xoguetes, son seres vivos e deben ser tratados con respecto e cariño. 
Neste ENLACE, tedes a Declaración Universal dos Dereitos do Animal aprobada pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e a ONU (Organización das Nacións Unidas). 
Nós, na escola, estivemos lendo o conto "Bienvenido a casa, Max!" da Fundación Affinity. A través del, intentan ensinar aos nenos a responsabilidade que implica ter un animal de compañía. Queremos que vos animedes a entrar na súa páxina, onde podedes atopar moitos artigos e vídeos sobre adopción, abandono de animais, como coidalos, o vínculo que hai entre eles e os rapaces etc...
                   Pinchando na imaxe da portada do conto, podedes descargalo para velo e lelo.


Tamén traballamos a importancia deste día, que é o que celebramos, escribimos o título do conto, coloreamos a Ana (a nena protagonista) e Max (o can que adopta) e aprenderon debuxar un can de forma sinxela.





                LEMBRADE QUE TEMOS QUE COIDAR AOS NOSOS AMIGOS OS ANIMAIS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario