lunes, 12 de junio de 2017

XOGO DA PATRULLA MEDIOAMBIENTAL

Aínda que non gañamos o VII Concurso Escolar "Cuidamos el Medio Ambiente" (organizado por PRODUTOS IMEDIO S.A), queremos ensinarvos o traballo que presentamos. Trátase dun xogo, similar ao da oca, pero no lugar deste animaliño están os patrulleiros mediambientais do noso colexio. Para confeccionalo utilizamos fotos das actividades que realizamos na aula de natureza, inventamos e escribimos as nosas propias regras e fixemos as fichas e cubiliete con material de refugallo. 

¡ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DO RESULTADO DO NOSO TRABALLO!

martes, 6 de junio de 2017

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Este xoves, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos.
Este ano, o tema central é "os nosos océanos, o noso futuro".
 Os océanos cobren ao redor de dous terzos da superficie da Terra, e son o verdadeiro piar da vida. Xeran a maior parte do oxixeno que respiramos, ofrecen comida e nutrintes, regulan o clima, e son economicamente importantes para os paises que dependen do turismo, pesca e outros recursos mariños para os seus ingresos.
 Nós, na aula de natureza, estamos falando de todas as cousas que podemos facer para coidalos. Ademais, os nosos alumnos están coñecendo cantos océanos hai no mundo, como se chaman, que animais mariños hai neles... 



Este verán tamén podemos sumarnos a esta causa, realizando algunha destas cousas:
  - Cando vaiamos á praia non hai que deixar lixo tirado, hai que depositalo nos contedores.
  - Non esquecer plásticos na area, xa que terminan chegando ao mar.
  - Non tirar restos de tabaco, é moi contaminante.
 - Evitar os bronceadores solares químicos. Ademais de ser malos para nós, tamén o son para os seres vivos submarinos.
 - Non deixar que ninguén, mergullándose, leve a súa casa un coral, unha estrela de mar... en definitiva, unha especie protexida. Sen elas os nosos mares morrerían.

Aquí tedes un video, do Ministerio de Ambiente de Perú, onde nos ensinan todo o fermosos que son, como se contaminan ao tirar lixo e o que podemos facer para coidalos.

domingo, 4 de junio de 2017

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Mañá luns, 5 de xuño, e o Día Mundial do Medio Ambiente
Este ano, o tema central é "conectar ás persoas coa natureza"O que se pretende é animar á xente a saír ao aire libre e tomar contacto coa natureza para apreciar a súa beleza e reflexionar sobre o moito que de ela dependemos. 

Na aula de natureza, estivemos lendo o libro "El gran libro de la ecología" de Mary Hoffman e Ros Asquith. A través del, descubrimos como contribuir a coidar o noso planeta e ser un gran ecoloxista: cerrando os grifos, aforrando enerxía, cultvando plantas e árbores, reutilizando, reciclando...


Despois, fixemos unha ficha para lembrar este día e algunhas das cousas que podemos facer para que o noso planeta este máis coidado e fermoso.