Este xoves, 8 de xuño, é o Día Mundial dos Océanos.
Este ano, o tema central é "os nosos océanos, o noso futuro".
Os océanos cobren ao redor de dous terzos da superficie da Terra, e son o verdadeiro piar da vida. Xeran a maior parte do oxixeno que respiramos, ofrecen comida e nutrintes, regulan o clima, e son economicamente importantes para os paises que dependen do turismo, pesca e outros recursos mariños para os seus ingresos.
Nós, na aula de natureza, estamos falando de todas as cousas que podemos facer para coidalos. Ademais, os nosos alumnos están coñecendo cantos océanos hai no mundo, como se chaman, que animais mariños hai neles...
- Cando vaiamos á praia non hai que deixar lixo tirado, hai que depositalo nos contedores.
- Non esquecer plásticos na area, xa que terminan chegando ao mar.
- Non tirar restos de tabaco, é moi contaminante.
- Evitar os bronceadores solares químicos. Ademais de ser malos para nós, tamén o son para os seres vivos submarinos.
- Non deixar que ninguén, mergullándose, leve a súa casa un coral, unha estrela de mar... en definitiva, unha especie protexida. Sen elas os nosos mares morrerían.
Aquí tedes un video, do Ministerio de Ambiente de Perú, onde nos ensinan todo o fermosos que son, como se contaminan ao tirar lixo e o que podemos facer para coidalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario